Detida por "limpar" máis de 70 xoias de ouro nos domicilios onde traballaba
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional da comisaría de Pontevedra detiveron unha empregada do fogar que roubou ao longo dos últimos meses varias xoias en distintas vivendas onde traballaba.
Segundo indican desde a Policía Nacional, a empregada do fogar aproveitaba o acceso ás habitacións e a ausencia dos propietarios para subtraer pezas como medallas, aneis, pulseiras, moedas de ouro, pendentes, placas e colgantes de ouro, todas de gran valor económico e tamén sentimental ao tratarse, en varios casos, de xoias antigas que foran herdadas.
A muller detida, unha vez que levaba as xoias das vivendas, vendía o material en diferentes establecementos de "venda de ouro" de toda a provincia. Segundo os rexistros realizados consta un total de 73 xoias vendidas.
Os axentes, tras realizar a investigación, lograron identificar e localizar á presunta autora realizando un rexistro no seu docimilio. Á detida impútaselle un delito de roubo con forza en domicilio e catro delitos de furtos de xoias.
Posteriormente, as xoias foron recuperadas polo grupo de investigación da Policía Nacional. Os lexítimos propietarios recoñecéronas como súas.
Con todo, un dos afectados explicou a PontevedraViva que non todos lograron recuperar as xoias roubadas e sospeitan que estas foron fundidas antes de que puidese intervir a Policía e localizalas.
Relacionadas:
-
Detido un veciño de Sanxenxo por varios roubos en Noalla en marzo
Por Redacción |
-
Detido un veciño do Grove por un roubo nunha casa da localidade en decembro
Por Redacción |
-
Detidos os autores dos roubos recentes en vivendas de Ponte Caldelas e Cotobade
Por Redacción |
-
Tres detidos como integrantes dunha banda que roubou en vivendas de Vilagarcía
Por Redacción |