Comezan as visitas guiadas aos petróglifos de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, presentou o programa de visitas guiadas aos petróglifos que foron obxecto dun proxecto de limpeza, restauración e posta en valor a través dunha subvención da Xunta de Galicia.
A primeira das visitas guiadas terá lugar o vindeiro venres 21 de abril, ás 19 horas, ao gravado de Portela da Laxe, en Viascón, fronte ao cruce da Atalaia.
Esta actividade está organizada polo Concello de Cerdedo-Cotobade e por Árbore, Sociedade Cooperativa Galega, empresa especializada en posta en valor do patrimonio arqueolóxico e encádrase nas actuacións previstas no convenio asinado entre o Concello e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades polo cal a Xunta achegou uns 30.000 euros destinados a preservar e poñer tamén en valor os petróglifos de Portela da Laxe, Laxe dos Cebros, Pedra das Ferraduras e Laxe das Rodas.
Durante a visita os técnicos de Árbore amosarán aos participantes os traballos realizados consistentes na retirada da reixa de ferro, á limpeza de musgos e liques que afectaban aos gravados existentes.
Este traballo complexo foi realizado por un equipo cualificado de restauradoras e arqueologos, con experiencia en actuacións anteriores de características semellantes, dirixidos por Tito Concheiro.
Eliminouse toda a maleza que ameazaba a estes petróglifos e aplicáronse novas tecnoloxías que están resultando moi efectivas noutras experiencias de recuperación similares no norte de Europa co fin de erradicar, sin causar o mínimo dano ao soporte pétreo, os liques que dificultan a observación e definición dos gravados rupestres.
Posteriormente a este traballo, os arqueólogos retiraron un manto vexetal que se foi extendendo por enriba desta estación rupestre e que estaba afectando negativamente a súa conservación.
Tamén se aproveitaron estas intervencións para realizar traballos de documentación e rexistro dos petróglifos mediante o seu levantamento fotogramétrico e realización de fotografías nocturnas e tamén toma de imaxes e vídeo aéreo.
Relacionadas:
-
Triunfo, Foula e o grupo JP Son animarán a Festa na Carballeira esta fin de semana
Por Redacción |
-
Os veciños de Amil denuncian a destrucción de petroglifos nas obras do Parque Eólico Acibal
Por Redacción |
-
Descobren petróglifos sen catalogar nunha andaina pola zona de creación do futuro polígono eólico Acibal
Por Redacción |
-
Crean un roteiro patrimonial para coñecer a historia da parroquia de Santa María de Xeve
Por Anxo Lourido |
-
O Instituto de Ciencias do Patrimonio realizará novas intervencións en oito xacementos arqueolóxicos da provincia
Por Oskar Viéitez |