O Instituto de Ciencias do Patrimonio realizará novas intervencións en oito xacementos arqueolóxicos da provincia
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este venres en rolda de prensa unha nova iniciativa en colaboración co Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) "para seguir poñendo en valor o incalculable do noso patrimonio histórico".
Trátase dun convenio entre ambas as institucións valorado en 270.000 euros, para realizar novas intervencións en oito xacementos arqueolóxicos da provincia.
En virtude deste acordo, tamén se impulsarán actividades de divulgación con charlas en sete centros educativos e en dúas sedes da Deputación.
Finalmente, estudarase e restaurará unha selección de materiais procedente das intervencións que se efectuaron no Castro de Bendoiro (Lalín) nos anos 2006 e 2007.
Con este programa, seleccionaranse oito proxectos (dous este ano, tres en 2023 e outros tres en 2024). Para este ano actuarase nas Torres do Oeste, en Catoira; na Illa de San Sadurniño, en Cambados; nos Chozos do Alén, en Fornelos de Montes e en Castrolandín en Cuntis.
Para o 2024 deixan as intervencións en Garellas, en Forcarei; en Alobre, en Vilagarcía; en Cano dous ouros, en Oia e en petróglifos de Gargamala, en Mondariz.
Relacionadas:
-
Comezan os traballos de campo no xacemento da Illa de San Sadurniño, en Cambados
Por Redacción |
-
Comezan as visitas guiadas aos petróglifos de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Primeira toma de contacto do goberno local de Cambados coa nova directiva da confraría
Por Redacción |
-
Seis millóns de euros en recursos da Deputación destinados a concellos, asociacións e colectivos
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación asina un convenio co CSIC para a posta en valor do patrimonio arqueolóxico provincial
Por Oskar Viéitez |