Ana Nartallo e Rafael Velón, candidatos de Vox en Meis e Cambados
Por Redacción
O comité executivo nacional de Vox designou a Ana Nartallo, candidata á Alcaldía de Meis e a Rafael Velón, candidato á Alcaldía de Cambados.
Ana Nartallo Cuevas é diplomada en arquitectura técnica pola Universidade da Coruña e Máster en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinos de idiomas.
Traballou durante anos no sector da construción e formou parte, durante dous anos, do equipo de urbanismo do Concello de Vilagarcía de Arousa. Actualmente, tamén exerce como docente técnico de Formación Profesional.
Pola súa banda, Rafael Velón de Francisco está xubilado e foi piloto de liñas aéreas comerciais. Traballou durante máis de 40 anos en diferentes compañías con máis de 32.000 horas de voo en traxectos nacionais e internacionais.
Un total de nove candidaturas presentaranse finalmente con Vox na provincia de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Sabela Fole quere recuperar a Alcaldía de Cambados para o Partido Popular
Por Oskar Viéitez |
-
A socialista Marta Giráldez presenta o equipo co que aspira á reelección como alcaldesa de Meis
Por Oskar Viéitez |
-
González Formoso avala a Samuel Lago como cartel electoral do PSdeG-PSOE en Cambados
Por Redacción |
-
O BNG volve confiar en Xoán Manuel Vázquez para conseguir gobernar en Meis
Por Redacción |