Sabela Fole quere recuperar a Alcaldía de Cambados para o Partido Popular
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular presentou este domingo a candidatura que encabeza Sabela Fole e coa que aspiran a gobernar no Concello de Cambados.
Neste acto tamén parciciparon o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e tamén interviñeron os ex alcaldes José Manuel Cores Tourís e Luis Aragunde.
Luis López dixo que "é fundamental traballar sen folgos para garantir unha maioría absoluta o 28 de maio".
Pola súa banda, a candidata popular, Sabela Fole destacou a todas e cada unha das persoas que compoñen a candidatura coa que o PP concorre ás municipais dos que dixo que "son valentes, porque non se limitan a dicir que o rumbo de Cambados é nefasto, senón que están aquí, dando a cara e desexando coller o temón deste barco á deriva para poñelo en ruta".
A candidatura do PP de Cambados está conformada por Sabela Fole (1), José Carlos Trigo (2), Silvia Fernández (3), Juan Carlos González (4), Pablo Andrade (5), Rubén Outeda (6), Sandra María Gómez (7), Joaquín Cores (8), María Lourdes Suárez (9), Rogelio Feijóo (10), Alberto Lorenzo (11), Alejandro Daporta (12), Sara Martínez (13), Luis Manuel Prieto (14), Susana Rey (15), Alejandro Pérez (16) e María Rosa Montero (17).