A renovada oficina de turismo do porto deportivo venderá produtos da marca Sanxenxo
Por Redacción
Ata 40.000 euros investirá a empresa municipal Turismo de Sanxenxo nunha actuación que supoñerá a renovación da oficina de atención ao público situada no porto deportivo.
As obras permitirán mellorar o acceso e a iluminación das instalacións, así como colocar novo mobiliario para albergar os mostrarios de roupa e obxectos da marca Sanxenxo que, a partir de agora, venderanse nestas dependencias.
Mantendo as dimensións e a distribución do actual local intervirase no acceso que se situará na ventá da actual fachada cunha porta motorizada de corredera.
Ademais, executarase un peche de pladur no pano acristalado onde se sitúa o acceso actual á oficina. Tamén se renovarán os acabados interiores da zona de uso público por uns de maior calidade e confort.
A oficina conta con 110 metros cadrados de superficie distribuídos nun aseo, un almacén, dúas oficinas, unha zona para público e un corredor.
Tras o prelanzamento da liña de roupa da marca Sanxenxo en FITUR, a oficina de turismo converterase en escaparate do novo selo.
Gorras, polos, camisetas, suadoiros e bolsos serán os primeiros produtos en chegar á tenda.
Relacionadas:
-
As visitas ás oficinas de turismo de Sanxenxo e Portonovo aumentaron un 20% en Semana Santa
Por Redacción |
-
O aparcamento do porto deportivo de Sanxenxo bateu o récord de recadación en Semana Santa
Por Redacción |
-
FITUR descobre a nova liña de roupa marca "Sanxenxo"
Por Redacción |
-
A promoción de Sanxenxo en FITUR inclúe un sorteo de 12 estancias para dúas persoas
Por Redacción |
-
Sanxenxo promociónase como destino na World Travel Market de Londres
Por Redacción |