José Flores destaca que en Atención Primaria "a situación que temos hoxe é moi diferente á que tiñamos hai meses"
Por Oskar Viéitez
O xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores sinalou que en Atención Primaria "a situación que temos hoxe é moi diferente á que tiñamos hai meses".
Atendendo ás preguntas dos xornalistas no transcurso dunha visita ás obras do Hospital Gran Montecelo, José Flores destacou que se segue traballando en Atención Primaria e a día de hoxe "temos unha lista de médicos que están localizados diariamente, cunha media de dous ou tres as fins de semana para poder facer fronte a esta situación, non só de falta de médicos nos PAC senón ante un incremento de actividade poder dispoñer deles para que poidan reforzar eses sitios concretos".
Ese previsible incremento da actividade está asociado ás vacacións de Semana Santa co aumento de poboación na área ante a chegada de numerosos visitantes, "é unha situación que nós vivimos de forma temporal, coincidindo coas vacacións de Semana Santa ou de verán". "Temos unha zona costeira que é atractiva para os turistas e xa temos isto adestrado doutros anos", apuntou o xerente.
José Flores explicou que "a nivel do hospital, a pasada semana fíxose un intenso labor en canto ás camas de hospitalización, de maneira que os pacientes que hai ingresados son meramente os que teñen que teñen que estar ingresados, sobre todo nos servizos máis ingresadores como Medicina Interna, que traballaron arrreo para poder ter todas as camas dispoñibles para estas vacacións nas que se augura unha maior atención de pacientes con eses desprazamentos e, por tanto, unha maior necesidade de ingresos".
Xunto ao xerente José Flores estaba nesta visita oficial o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña que valorou o traballo realizado no ámbito de Atención Primaria na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, "na que tivemos problemas o ano pasado con esa situación de falta de médicos".
Segundo abundou o conselleiro, actualmente "todos os postos de Puntos de Atención Continuada na comarca de Pontevedra están a ser cubertos coas medidas extraordinarias e sobre todo o traballo dos médicos que están a cubrir eses postos e quendas a maiores de modo que os PAC están perfectamente cubertos a día de hoxe".
Relacionadas:
-
Globos de cores para destacar a importancia da Atención Primaria na celebración do seu Día Mundial
Por Redacción |
-
As obras do centro de saúde de Ribadumia terminarán "nas próximas datas"
Por Redacción |
-
Incorporan a intelixencia artificial ao servizo de Aparello Dixestivo da área sanitaria para mellorar os cribados de cancro de colon
Por Redacción |
-
'Move o cu', a campaña da AECC para loitar contra o sedentarismo, unha das causas do cancro de colon
Por Anxo Lourido |
-
Pontesán aposta este 2023 pola nutrición e a loita contra a obesidade
-
Flores, xerente da área sanitaria, discrepa dos colexios médicos e expón que o XIDE é unha "ferramenta útil"
Por Redacción |