Flores, xerente da área sanitaria, discrepa dos colexios médicos e expón que o XIDE é unha "ferramenta útil"

Por Redacción
O XIDE (Plan de Xestión Integral da Demanda en Equipo) é a ferramenta que utiliza un sistema intelixente para xestionar as citas nos centros de saúde atendendo ás doenzas que manifeste o paciente. O Consello Galego de Colexios Médicos anunciou que solicitará, a través dun recurso contencioso-administrativo, a anulación desta fórmula.
Desde o organismo colexiado consideran que este sistema queda en mans de persoal de servizos xerais, sen coñecementos sanitarios, para avaliar os riscos dos pacientes. Os catro colexios médicos entenden que este persoal non debe realizar en ningún caso esta función. Alegan que o XIDE vulnera a intimidade do paciente e a garantía do secreto médico.
José Flores, xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, manifestaba este mércores a súa discrepancia con esta postura e entende que é unha "ferramenta útil en toda Galicia" ao indicar que o XIDE permite que, unha vez que o paciente expoña o motivo da súa dor, sexa redirixido ao departamento correspondente.
Flores Arias afirmou que antes o funcionamento interno dos centros de saúde atopábase "moi medicalizado", xa que era o facultativo quen decidía se o paciente debía ser derivado a Enfermería ou a outro servizo. Por este motivo, sinala que o XIDE permite xestionar esas situacións a través de PSX (persoal de servizos xerais) seguindo as instrucións e a estrutura establecida polos profesionais.
O xerente recoñece que non os responsables do Sergas non coinciden coa decisión dos colexios médicos e sostén que é necesario traballar nas instalacións e infraestruturas para que o servizo sexa máis personalizado.
Explicou tamén que cando se chama ao servizo de Emerxencias intervén un teleoperador, non un sanitario, que é o encargado de derivar á persoa que demanda a atención.
O xerente da área sanitaria defende o sistema XIDE
José Flores. Xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
© PontevedraViva
Relacionadas:
-
Concentracións nos centros de saúde para demandar a retirada do XIDE
Por Anxo Lourido |
-
José Flores destaca que en Atención Primaria "a situación que temos hoxe é moi diferente á que tiñamos hai meses"
Por Oskar Viéitez |
-
Flores, xerente da área sanitaria, discrepa dos colexios médicos e expón que o XIDE é unha "ferramenta útil"
Por Redacción |
-
Celébrase o Día Nacional do Transplante con cifras que "están por enriba do ano pasado"
Por Álvaro Arosa Barco |
-
A baixa dos dous pediatras do Centro de Saúde de Bueu provoca unha reorganización das consultas
Por Redacción |
-
A xerente do Sergas reúnese con profesionais da Atención Primaria para mellorar a situación sanitaria en Vilaboa
Por Alba Feijoo Alonso |
-
O Sergas incluirá o servizo de pediatría de Moraña e Cuntis na convocatoria de prazas de difícil cobertura
Por Redacción |
-
Folga indefinida dos médicos a partir do 11 de abril para demandar melloras no "moi precario" sistema de saúde
Por Natalia Puga |