Salcedo pechou o Entroido cunha gran participación
Por Redacción
A Sociedade Cultural Deportiva Salcedo celebrou este sábado o seu desfile de Entroido con "gran afluencia de participantes e público" que, segundo os organizadores, superou a asistencia das anteriores edicións.
O xurado recompensou con premios en metálico o esforzo dos asistentes. Na categoría de "Individual", o primeiro premio foi para "A Rosquilleira", "Al Rojo Vivo" levou o segundo e o terceiro foi para "Candy Girl".
En "Parellas" o primeiro premio levoullo "Fauna e unicornio", o segundo "Lobo e porco bravo da pampa" e o terceiro "Bean e Police".
A clasificación en grupos ampliouse a seis sendo o primeiro clasificado a "Comparsa os Choquieros", segundo "A semente de Salcedo", terceiro "A pandilla", cuarto "Os remolóns", quinto "A.C. Moreira a tope", sexto "Bajo la influencia de la hechicera".
O premio especial fóra de concurso recoñeceu á Comparsa Os Paparrulos.
Relacionadas:
-
A Festa do Petote cumpre "sobradamente" cos seus obxectivos e enche Cerdedo-Cotobade de "seguidores incondicionais"
Por Redacción |
-
Un premio de disfraces convértese nunha doazón ao Banco de Alimentos
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Poio celebra unha festa choqueira para despedir o Galo Fodorico
Por Cristina Saiz |