
© Subdelegación del Gobierno en Pontevedra
Maica Larriba, subdelegada do Goberno, aposta por seguir avanzando en políticas feministas

Por Redacción
Maica Larriba, subdelegada do Goberno, en colaboración coa secretaria xeral da Subdelegación, María Isabel Alonso de Linaje, instalaba este luns a pancarta de celebración do Día Internacional da Muller, que se conmemora o 8 de marzo. Esta pancarta permanecerá na fachada do edificio gobernamental durante toda a semana.
Con este acto simbólico dáse inicio ao programa de actividades que se desenvolverá durante toda a semana. Maica Larriba destacou neste acto que o Goberno central mantén o seu compromiso de "converter o feminismo nunha cuestión de Estado" coa idea de remover as desigualdades que as mulleres sofren polo feito de ser mulleres no acceso aos dereitos; xa sexan nos ámbitos laboral ou de saúde; no acceso á vivenda; e na redistribución da riqueza.
Explicou tamén que o Goberno de España quere continuar "realizando políticas feministas" que permitan a todas as mulleres atopar no común e nas institucións todos os esforzos para garantir os seus dereitos. Sinala que nestes últimos anos, o goberno que encabeza Pedro Sánchez logrou, entre outros puntos, reducir a fenda salarial, igualar os permisos de conciliación, recoñecer máis dereitos ás empregadas do fogar e comprometer máis de 20.000 millóns de euros para desenvolver polítcias de igualdade ata o ano 2025.
Dentro das actividades previstas, o mércores 8, ás 11.00 horas realizarase un acto de lectura da delcaración institucional do Goberno, que será aprobado este martes polo Consello de Ministros.
Irene Fariña, inspectora de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, lerá o manifesto. Larriba explica que Irene Fariña visibiliza a figura das mulleres nun sector tradicionalmente masculinizado como é o do mar.
O venres 10 de marzo, a Subdelegación do Goberno acollerá unha xornada formativa centrada nas actuacións por parte da Inspección de Traballo para fomentar a igualdade laboral. Será impartida por Mónica González Otero, inspectora de Traballo e Seguridade Social en Pontevedra.
Relacionadas:
-
As cifras no sector público "evidencian unha clara desigualdade" entre homes e mulleres
Por Redacción |
-
A Subdelegación do Goberno abre as súas portas á cidadanía
Por Redacción |
-
As vendedoras do Mercado de Abastos dan a coñecer as súas vidas e visibilizan o seu labor
Por Redacción |
-
O lema 'A nosa voz, o noso espazo, os nosos dereitos' preside desde este venres o Pazo Provincial
-
As mulleres do mar, protagonistas do 8M de Vilaboa
Por Redacción |
-
Marzo, un mes centrado nas mulleres e as persoas maiores en Caldas
Por Redacción |