As mulleres do mar, protagonistas do 8M de Vilaboa
Por Redacción
A exposición 'As mulleres do Mar' abre este venres 3 de marzo os actos de conmemoración do Día Internacional da Muller en Vilaboa.
A inauguración será na Casa de Cultura de Riomaior e contará cunha presentación a cargo de Mari Lires.
Mariscadoras, redeiras, traballadoras da salga e da conserva, investigadoras mariñas e en educación, de hoxe e do pasado dan vida a unha exposición que visibiliza o papel determinante no uso dos recursos mariños dun xeito responsable que garanta o seu futuro.
A través de vídeos, imaxes, entrevistas e documentación recollida por toda a xeografía galega, este proxecto no que participan a Deputación Provincial de Pontevedra, a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e o Campus de Excelencia Internacional -Campus do Mar, coa colaboración do Museo Massó, dá voz ás mulleres que teñen o mar como medio de vida para que acheguen a súa visión sobre a importancia e os beneficios da conservación dos océanos sustentables.
Trátase dunha exposición itinerante que recolle imaxes e textos organizados en paneis sobre os oficios que tradicionalmente desenvolvían as mulleres a través dun proxecto que busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos mares.
A concelleira de Igualdade de Vilaboa, Carmen Gallego, anima a toda a poboación a achegarse ata Riomaior para coñecer en profundidade esta iniciativa coa que Vilaboa inicia unha conmemoración que terá continuidade o día 8 de marzo coa lectura do manifesto institucional diante do Concello.
Relacionadas:
-
O primeiro Premio 8M de Vilaboa será para Teresa Alida Martínez
Por Redacción |
-
8M | O proxecto 'Mulleres da vila' cobra vida cunha exposición fotográfica
Por Alba Feijoo Alonso |
-
8M | Mariscadoras a pé: elas son máis, pero tamén deciden máis?
Por Redacción |
-
Maica Larriba, subdelegada do Goberno, aposta por seguir avanzando en políticas feministas
Por Redacción |
-
A Illa de Arousa súmase aos actos polo 8M
Por Redacción |
-
Pilar Martínez Hervés recibirá o premio 8 de marzo de UGT
Por Redacción |