Nova edición dos Premios Demo Day para fomentar a xestión creativa do alumnado de FP
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra convoca unha nova edición dos Premios Demo Day destinado a centros educativos que están integrados neste curso ao programa 'DepoEmprende na FP', que promove a institución provincial.
Os premios queren incentivar iniciativas emprendoras, tanto no ámbito empresarial como no autoemprego, entre o alumnado de formación profesional de grao medio e superior
Está previsto que se repartan 1.900 euros en premios e os centros poden inscribirse na convocatoria por vía electrónica ata o mércores 8 de marzo.
O CIFP Carlos Oroza e o IES Montecelo, de Pontevedra, atópanse adheridos ao programa e poden participar con dous proxectos cada un. O alumnado deberá xestionar proxectos empresariais identificando e apoiando propostas que poidan executarse. O seguinte paso, unha vez seleccionados os proxectos polos centros, consistirá en que a Deputación organice un programa intensión denominado 'Aceleración de proxectos'.
Un xurado avaliará as propostas empresariais atendendo tamén á presentación que realice cada centro. Atenderase tamén á capacidade innovadora e creativa na idea de negocio, contribución social e viabilidade da iniciativa, entre outros aspectos.
Escolleranse tres proxectos gañadores. Os premios serán de 700 euros para os da categoría de Grao Medio e dous, de 700 e 500 euros, para os de Grao Superior.
Relacionadas:
-
Trece cooperativas de alumnado de Primaria, na nova edición de 'DepoEmprende na escola'
Por Redacción |
-
O Instituto Montecelo e o Carlos Oroza gañan os permios DepoEmprende na FP
Por Oskar Viéitez |
-
Comeza a sétima edición de "Depoemprende na escola" con 15 cooperativas
Por Redacción |
-
O Carlos Oroza gaña o premio de FP do programa DepoEmprende
Por Oskar Viéitez |
-
Preto de 800 estudantes de 28 centros da provincia participarán no programa DepoEmprende
Por Redacción |