O Carlos Oroza gaña o premio de FP do programa DepoEmprende
Por Oskar Viéitez
Dúas propostas do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Carlos Oroza de Pontevedra e unha do Instituto de Ensino Secundario (IES) de Rodeira, en Cangas, alzáronse este mércores cos premios da sexta edición do programa provincial Depoemprende nunha xornada de exposición das propostas máis destacadas celebrada no Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra.
O alumnado de tres centros educativos de Pontevedra, outros tres Vigo, un de Bueu e un de Cangas presentaron os 14 proxectos elixidos polos centros para participar neste certame no que se repartiron 1.900 euros en premios.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva destacou que "todos os proxectos son gañadores e extraordinarios porque apostan por un novo mundo no que están presentes valores como o produto de proximidade, respecto ao medio ambiente, sustentabilidade ou innovación".
A iniciativa "Pastelería consciente" do CEIFP Carlos Oroza gañou na categoría de grao medio, que conta cun único premio de 700 euros. Esta proposta está centrada na alimentación consciente, saudable e con produtos galegos.
Os premios para os proxectos de grao superior recaeron en "Tupperdición", tamén do CEIFP Carlos Oroza (primeiro premio dotado de 700 euros) e "Optimus" do IES Rodeira (segundo premio con 500 euros). A primeira iniciativa propón un servizo de entrega a domicilio de comidas saudables en fiambreras reutilizables mentres que "Optimus" optimiza o rendemento de Windows en equipos obsoletos ampliando a súa vida útil e maximizando o valor dos computadores.
Carmela Silva aplaudiu a calidade destes proxectos e expresou o seu orgullo polo alumnado que participou en "Depoemprende na FP" e que na xornada de hoxe demostrou a "intelixencia e capacidade" para que sexan os "seguintes líderes e lideresas da provincia".
Na categoría de ciclo medio o alumnado do CIFP A Xunqueira (Pontevedra) presentou "SAB", unha iniciativa de domótica que potencia as enerxías renovables, e "Ponte- Poppins", un servizo de atención e coidados a nenos mediante unha aplicación informática. O CCIFP Lourizán (Pontevedra) presentou "Desbroces do que arde", un proxecto centrado na roza selectiva.
Respecto a as propostas de grao superior o CEIFP Lourizán tamén presentou o proxecto " Recalnature", unha iniciativa baseada na repoboación de montes con especies arbóreas frondosas dando prioridade ás autóctonas.
O IES Johan Carballeira (Cangas) presentou os proxectos "Belbade S.L.", baseado na venda de produtos ecolóxicos de hixiene íntima feminina, e "Huella eterna", unha iniciativa de cremación e sepultura de animais domésticos.
Nesta categoría tamén expuxo proxectos o CEIF Valentín Paz Andrade (Vigo), con dúas iniciativas empresariais: "Green Office, Sociedade Cooperativa de Galicia" baseada nunha oficina técnica para a xestión de subvencións de enerxías renovables, e a outra "Filo infinito S.L.", centrada no afiado, fabricación e restauración de ferramentas de corte.
Pola súa banda un alumno do CEBEM Formación Profesional (Vigo) presentou "Galecomar", un software para axudar na xestión das bateas, e o CIFP Manuel Antonio (Vigo) expuxo dúas propostas: "Bivalvia" e "Scatha cosmética", a primeira é un proxecto empresarial de desenvolvemento de test rápidos e a segunda unha iniciativa baseada en produtos cosméticos con ingredientes galegos.
Relacionadas:
-
Trece cooperativas de alumnado de Primaria, na nova edición de 'DepoEmprende na escola'
Por Redacción |
-
Un mercado solidario rexentado por estudantes pon o broche de ouro ao sétimo "Depoemprende na ESO"
Por Redacción |
-
Nova edición dos Premios Demo Day para fomentar a xestión creativa do alumnado de FP
Por Redacción |
-
Un terceiro edificio para "culminar" o Carlos Oroza e preparalo para o futuro
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O chef Xoán Crujeiras introduce a futuros cociñeiros nos produtos galegos con selo de calidade
Por Redacción |
-
Preto de 800 estudantes de 28 centros da provincia participarán no programa DepoEmprende
Por Redacción |