![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/996/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63ee5cc20f-alvaro-gago-corto-matria-.png)
© Álvaro Gago - 'Sereas. As mulleres do mar'
A UNED celebrará o 8M cun gran acto de empoderamento e homenaxe ás mulleres do mar
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/8ba/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63ee5df258-fotograma-de-pegadas-esvaecidas.jpg)
© 'Sereas. As mulleres do mar'
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/74e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63ee5e194b-pupe-jueguen.jpg)
© UNED Pontevedra
O martes 7 de marzo, ás 18.30 horas, a sede da UNED de Monte Porreiro acollerá un acto de conmemoración do 8 de marzo, Día internacional da Muller.
Neste evento está prevista a presentación do programa 'Sereas. As mulleres do mar'. Tamén se proxectará o documental 'Pegadas Esvaecidas'. A continuación, terá lugar un coloquio coa participación de Pupe Jueguen, secretaria de Amarcarril (Asociación de Mariscadoras de Carril) e ex traballadora dos conserveira Hermanos Massó.
'Sereas. As mulleres do mar' é un programa fundado en 2017 que traballa na investigación, divulgación e visibilización do papel que exerce a muller no sector mar-industria. Este proxecto está promovido por Fundamar e Funpromar.
Ao acto asistirá Víctor M. González Sánchez, director da UNED de Pontevedra; coa presenza da xerente de Fundamar, María Caldeiro; e a directora do museo Anfaco, Mariña López Rodríguez.
Ademais, Rafael Cotelo Pazos, coordinador de Extensión Universitaria, expón que durante todo o ano reivindica o seu compromiso coa educación desde a perspectiva de xénero e feminista. Desenvólvense iniciativas formativas como 'Filósofas e pensadoras na Historia' 'As silenciadas. Sentido e sensibilidade desde a arte' 'Grandes escritoras da literatura anglosaxoa no cinema' ou 'Fundamentos filosóficos da teoría literaria feminista'.
Esta acción impulsada pola UNED encádrase na Axenda 2030 e fundaméntase nos obxectivos de desenvolvemento sostible que están vinculados á educación de calidade; igualdade de xénero; traballo docente; e redución das desigualdades.
Relacionadas:
-
A UNED homenaxea ás mulleres do mar
Por Redacción |
-
8M | Mariscadoras a pé: elas son máis, pero tamén deciden máis?
Por Redacción |
-
'Mulleres en Loita', de Amnistía Internacional, amosará historias de activistas no Gastroespazo do Mercado
Por Redacción |
-
A UNED organiza unha nova edición do curso de coordinación de Benestar e Protección nos centros educativos
Por Redacción |
-
O CIM de Marín anima a participar no 8M a todas as mulleres emprendedoras da vila
-
A UNED de Pontevedra pon en marcha un curso para abordar o mundo da psicose
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Nove veciñas de Sanxenxo inspiradoras para rachar cos estereotipos este 8M
Por Redacción |
-
O grupo de teatro da Uned Sénior colleita un grande éxito coa súa representación de "A consulta do doutor"
Por Redacción |
-
A visibilización e empoderamento da muller protagonizan o inicio do ano na UNED de Pontevedra
Por Redacción |