A UNED homenaxea ás mulleres do mar
Por Redacción
A UNED en Pontevedra brindou unha homenaxe ás mulleres do mar nos actos conmemorativos do 8-M celebrados este martes no salón de actos do centro universitario.
Neste acto tiveron un papel destacado Javier Touza, armador e presidente de Fundamar e da Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo (ARVI); María Caldeiro, xerente de Fundamar; Mariña López Rodríguez, directora do museo Anfaco e Pupe Jueguen, secretaria de Amarcarril (Asociación de Marsicadoras de Carril) e ex traballadora dos conserveira Hermanos Massó, S.A
Tamén actuou o dúo Acordereta, formado por Álex e Patricia que teñen como temática a reivindicación do papel da muller na súa loita por lograr a igualdade de dereitos utilizando como nexo de unión poemas de Rosalía de Castro.
Entre outros temas falouse do programa "Sereas. As mulleres do mar", unha iniciativa fundada en 2017 ao servizo da investigación, divulgación e visibilización do papel da muller no sector mar-industria creada pola Fundación para a Pesca e Marisqueo (Fundamar) e a Fundación Agrupación industrial de Conservación de Produtos do Mar (Funpromar).
Relacionadas:
-
A UNED contrata cinco mozos a través do programa "TándEM"
Por Redacción |
-
A UNED organiza unha nova edición do curso de coordinación de Benestar e Protección nos centros educativos
Por Redacción |
-
A UNED de Pontevedra pon en marcha un curso para abordar o mundo da psicose
Por Álvaro Arosa Barco |
-
A UNED celebrará o 8M cun gran acto de empoderamento e homenaxe ás mulleres do mar
Por Redacción |
-
O grupo de teatro da Uned Sénior colleita un grande éxito coa súa representación de "A consulta do doutor"
Por Redacción |