"Siento mucho lo que pasó, no sé si fue culpa mía o no", afirma o condutor acusado de matar en estado ebrio unha nai e os seus dous fillos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra deixou este martes visto para sentenza o xuízo contra Alfredo L. acusado de tres delitos de homicidio por imprudencia grave por conducir borracho causando un accidente no que faleceron unha muller e os seus dous fillos de 13 e 6 anos de idade.
Na segunda e última sesión deste xuízo o acusado exerceu o seu dereito á última palabra para dirixirse ao tribunal e dicir que "no sé qué pasó, no me acuerdo de nada del accidente. Sigo diciendo lo que diré siempre, que no me acuerdo, es la verdad".
"No sé si soy el culpable o no. Siento mucho lo que ha pasado", engadiu o acusado que tamén asegurou que "estoy fatal, tanto física como mentalmente" e defendeuse dicindo que "jamás cogí el coche bebiendo una copa" e que "en 15 años con el carné nunca tuve una sanción, nunca di positivo. No le encuentro explicación a la tasa de alcoholemia. No sé qué pudo pasar con las bebidas".
De novo Alfredo repetiu, dirixíndose aos maxistrados da Audiencia, que "siento mucho lo que pasó, no sé si fue culpa mía o no. Lo siento en el alma", aínda que non chegou a virarse para mirar á familia dos falecidos que se atopaban presentes na sala de vistas.
Este mércores tivo lugar a presentación dos informes das partes. A defensa pide a libre absolución do acusado mentras que a fiscal solicitou unha condena de 5 anos de prisión para este home ao entender que durante o xuízo probouse de maneira "clara e irrefutable" que o accidente mortal debeuse "única y exclusivamente a la actuación del acusado" que presentaba unha "gravísima intoxicación etílica".
Ademais, engadiu que "la actuación de la víctima fue irreprochable" tal e como demostraron os axentes do equipo de reconstrución de accidentes de tráfico da Garda Civil. Apuntando a fiscal que "su maniobra evasiva fue correcta" e que adoptara todas as medidas de seguridade pertinentes e ela "no había ingerido ni gota de alcohol". Ademais non houbo outras "circunstancias externas", é dicir, a vía estaba en bo estado, a visibilidade tamén era boa do mesmo xeito que as condicións meteorolóxicas.
A representante do Ministerio Público tamén recalcou a fiabilidade da analítica que reflectiu unha taxa de alcoholemia "elevadísima" de 2,49 gramos por litro de sangue, unha "prueba irrefutable" obtida "con todas las garantías".
A fiscal tamén considerou "acreditado" que o acusado era consciente do seu estado de embriaguez xa que "antes de ponerse al volante intentó sin éxito que alguien le llevase" e, con todo, conduciu borracho o seu vehículo a unha "velocidad excesiva e inadecuada para su estado y el de la vía".
Por último, xustificou que a súa petición de pena limítese a 5 anos de prisión fronte aos 9 que reclama a acusación particular asegurando que se debe a "una razón de estricta legalidad".
"Es mentira que el acusado esté arrepentido", asegura o avogado da familia
O avogado da familia, que exerce a acusación particular, sinalou que "es mentira que el acusado esté arrepentido" ante a actitude "miserable" e "indignante" da súa defensa na que se tentou "echar la culpa del accidente a la víctima" o que aumentou "toda la rabia y toda la pena de la familia".
"No se viene aquí a cobrar una venganza sino a pedir justicia" dixo o letrado da acusación particular fronte á actuación de acusado que "estaba borracho, conocía el riesgo y lo asumió".
Por último, o avogado defensor ha criticado as declaracións da familia á prensa nas que "daban a entender que si no le imponen 9 años aquí no se hace justicia" algo que entende "absolutamente desproporcionado".
"La labor fundamental es el resarcimiento no el rencor ni la venganza", dixo o avogado defensor
"A todos se nos han muerto seres queridos" dixo este letrado que argumentou que nun tribunal de xustiza "la labor fundamental es el resarcimiento no el rencor ni la venganza". Tamén lembrou que a Fiscalía só pide 4 anos de cárcere para o maquinista polo accidente do Alvia que se cobrou 80 mortos e 145 feridos en Angrois.
O avogado da compañía aseguradora Axa adheriuse aos argumentos do letrado da defensa e tamén criticou "la patente de corso que se le concede al informe técnico" da Garda Civil que chegou a cualificar de "muy primitivo" por "eludir" outras posibilidades como que houbese outros vehículos implicados.
O xuízo quedou visto para sentenza.
Relacionadas:
-
Ratifican a condena ao condutor bébedo que causou un accidente no que faleceron unha muller e os seus dous fillos
Por Oskar Viéitez |
-
O condutor bébedo que causou un accidente no que faleceron unha muller e os seus dous fillos asegura non lembrar nada
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Un condutor bébedo, a xuízo en xaneiro polo homicidio imprudente dunha familia
Por Natalia Puga |