Caldas, en alerta pola crecida do Umia, que xa provocou inundacións
Por Redacción
As intensas choivas que caeron nas últimas horas, como era de esperar, provocaron inundacións en diferentes puntos das Rías Baixas. Caldas de Reis foi, una vez máis, unha das localidades máis afectadas.
O desbordamento do río Umia, segundo informa Protección Civil, alcanzou o seu punto máis preocupante en plena madrugada.
Con varios dos seus tramos desbordados, os servizos de emerxencia tiveron que pechar todos os accesos peonís ao río e dúas estradas que estaban anegadas.
A situación viuse agravada porque o encoro está a baleirar auga ao estar por encima da súa capacidade, o que provocou que o nivel do río subira 40 centímetros nunha hora.
As autoridades prevén manter a vixilancia sobre a evolución do río ante as choivas que se esperan para as próximas horas.