As intensas choivas provocan o sexto desbordamento do Gafos desde outubro
Por Redacción
As intensas choivas deste sábado provocaron no río Gafos un novo episodio de desbordamento de auga fóra do leito fluvial, o sexto xa desde o mes de outubro, o segundo no que vai de ano 2023.
Segundo a información facilitada pola asociación ecoloxista Vaipolorío, o primeiro desbordamento rexistrouse o 23 de outubro de 2022 e, desde entón, houbo un episodio similar en novembro, tres e decembro e un o 1 de xaneiro.
Nesta ocasión, o río desbordou en varios tramos e afluentes. En concreto, nos ríos Cocho, Toxal, Tomeza e Gafos, sendo especialmente visible no paseo dos Gafos ao seu paso polo casco urbano.
Nesta zona céntrica do Gafos, á altura de Ponte Boleira, o pasado día 1 as intensas choivas provocaron unha fochanca que mantivo un tramo do paseo cortado e este sábado volveu desbordar.
As intensas choivas da mañá deste sábado tamén provocaron episodios de inundacións en zonas da cidade nas que os desbordamentos se suceden cada inverno, na zona da Seca, Casimiro Gómez e Fernando Olmedo.
Relacionadas:
-
Uns cincuenta voluntarios plantan froiteiros nas beiras do río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Elaboradas as bases do plan provincial de axudas polas inundacións dos temporais
Por Redacción |
-
Vaipolorío quere retirar as árbores caídas no paseo do río Gafos
Por Redacción |
-
Malestar nos Praceres polas inundacións habituais que nunca antes sufriran
Por Manu Otero |
-
Unha focha mantén pechado un tramo do Paseo dos Gafos
Por Redacción |
-
O aumento de caudal do Gafos permite a solta de troitas rescatadas durante a seca
Por Manu Otero |
-
Así golpeou o temporal a cidade de Pontevedra
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |