Vaipolorío quere retirar as árbores caídas no paseo do río Gafos
Por Redacción
O colectivo ecoloxista Vaipolorío acometerá este martes unha nova xornada de limpeza. Nesta ocasión, o traballo estará centrado na retirada de árbores caídas sobre o carreiro no tramo rural do río Gafos en Tomeza.
Con esta iniciativa Vaipolorío pretende facer practicable o carreiro na súa totalidade e facilitar o paseo dos usuarios e minimizar os efectos que se rexistran durante a época de choivas no outono e no inverno con inundacións debido á crecida do río.
Dende o mes de outubro as intensas choivas provocaron no río Gafos seis enchentes de auga fóra do leito fluvial.
Segundo a información facilitada pola asociación ecoloxista Vaipolorío, o primeiro desbordamento rexistrouse o 23 de outubro de 2022 e, desde entón, houbo un episodio similar en novembro, tres e decembro e un o 1 de xaneiro.
A última ocasión foi o pasado día 7 de xaneiro, o río desbordou en varios tramos e afluentes. En concreto, nos ríos Cocho, Toxal, Tomeza e Gafos, sendo especialmente visible no paseo dos Gafos ao seu paso polo casco urbano.
Nesta zona céntrica do Gafos, á altura de Ponte Boleira, o pasado día 1 as intensas choivas provocaron unha fochanca que mantivo un tramo do paseo cortado e este sábado volveu desbordar.
Relacionadas:
-
Uns cincuenta voluntarios plantan froiteiros nas beiras do río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío plantará froiteiras autóctonas nas marxes do río Tomeza-Gafos
Por Álvaro Arosa Barco |
-
As intensas choivas provocan o sexto desbordamento do Gafos desde outubro
Por Redacción |
-
O aumento de caudal do Gafos permite a solta de troitas rescatadas durante a seca
Por Manu Otero |