A lingua galega, protagonista do Nadal nos comercios de Poio
Por Redacción
O galego terá un gran protagonismo durante a campaña do Nadal no tecido comercial de Poio grazas a unha campaña impulsada a través do departamento de Dinamización Lingüística do Concello, coordinado pola edil nacionalista Raquel Rodríguez.
A concelleira do goberno local deu a coñecer este mércores os detalles desta iniciativa, que consistirá no reparto de 2.000 adhesivos e adornos que inclúen frases e expresións galegas para engadir ao empaquetado dos produtos que se merquen durante estas semanas nos establecementos do municipio.
Con esta campaña, os paquetes incluirán frases como "Bo Nadal", "Boas Festas", "Un bico moi forte", "Cos meus mellores desexos" e expresións similares.
Raquel Rodríguez agradeceu a implicación do sector e da Asociación de Empresarios EnPoio, que colabora coa iniciativa, e fixo un chamamento á cidadanía para que nestas datas aposta polo comercio local porque "mercar nos establecementos do municipio supón un engadido de proximidade, ademais de axudar a xerar riqueza e emprego, mantendo a dinamización dun sector que é básico dentro da nosa economía local", sinalou a responsable de Dinamización Lingüística.
A Asociación EnPoio encargarase de repartir estes adhesivos entre os seus establecementos asociados. O resto de profesionais interesados en tomar parte nesta campaña poderán solicitar este material chamando ao 986770001 (Cultura) ou enviando un correo electrónico a cultura@concellopoio.org
Relacionadas:
-
#Falabonito, unha campaña para que os escolares de Poio usen máis o galego
Por Redacción |
-
Poio invita os rapaces a "xogar na Seca" durante a semana de Nadal
Por Redacción |
-
Un domingo de 'papanoelada' moteira en Poio para gozar das festas
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Baile, música, bingo, sorteos e rosca na Festa de Nadal da Casa Rosada
Por Redacción |
-
Servizos Sociais de Poio repartirá os 500 quilos de alimentos recadados no festival "Nadal, con parte de ti"
Por Redacción |
-
Poio lanza o seu vídeo de Nadal animando a gozar con ilusión destas festas
Por Redacción |