Un domingo de 'papanoelada' moteira en Poio para gozar das festas
Por Redacción & Cristina Saiz
Se o sábado foi Marín, este domingo tocoulle a Poio contaxiarse do espírito do Nadal grazas aos 'Papá Noel' moteiros.
O motoclub A Rosa dos Ventos organizou un ano máis unha xornada festiva co seu tradicional 'papanoelada' moteira, que arrincou ás 17.00 horas da tarde desde A Reiboa para percorrer boa parte do municipio.
As motos achegáronse ata a Praza da Chousa de Combarro, dirixíronse a Samieira e Raxó pola PO-308 e volveron cara a San Xoán atravesando A Seara, Campelo, Lourido e A Barca.
Ademais antes de volver cara ao punto de saída achegáronse ata a zona do mosteiro.
"Xa é un clásico do Nadal en Poio e sempre esperta unha grande expectación", recoñeceu sobre esta actividade Raquel Rojdríguez, edil de Cultura.
Relacionadas:
-
Marín prepara a visita dos Reis Magos recuperando o seu tradicional percorrido para a cabalgata
Por Redacción |
-
Poio invita os rapaces a "xogar na Seca" durante a semana de Nadal
Por Redacción |
-
A campaña 'Caixas de ilusión' recolle 400 quilos de alimentos que se entregarán entre 50 familias de Poio
Por Redacción |
-
A lingua galega, protagonista do Nadal nos comercios de Poio
Por Redacción |