Cuntis abre o prazo de inscrición para participar no Cuntilín de Nadal
Por Redacción
Coa chegada das vacacións de Nadal, o Concello de Cuntis recupera o programa de conciliación familiar “Cuntilín Nadal” para o que manterá aberto o periodo de inscripción ata o día 20 deste mes de decembro.
O programa está dirixido a nenos e nenas desde tres ata os doce anos. As actividades desenvolveranse os días 23, 26, 27, 28 e 30 de decembro; así como os días 2, 3 e 4 de xaneiro. O horario é de 09.00 a 14.00 horas e o lugar, o CPI Don Aurelio.
Poden anotarse tanto aos menores que participan durante o resto do ano no programa Cuntilín, como aqueles que non tomasen parte; pero nese caso é necesario formalizar a inscrición.
As solicitudes deberán presentarse persoalmente no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica e os impresos poden recollerse persoalmente en horario de mañá na OMIX, no departamento de Servizos Sociais do Concello, nas oficinas xerais municipais ou solicitalos por correo electrónico a través de educacionfamiliar@concellodecuntis.es. Tamén se poden descargar desde a sede electrónica.
Relacionadas:
-
O servizo de información de axudas á vivenda do Concello de Cuntis atendeu a máis de 100 familias
Por Redacción |
-
Unha representación teatral de 'A vida de Brian' pechará unha ampla programación de Nadal prevista en Cuntis
Por Redacción |
-
Manuel Campos promete aos participantes no Cuntilín unha festa con inchables
Por Redacción |
-
As familias de Cuntis xa poden inscribir aos seus nenos no programa Cuntilín
Por Redacción |