As familias de Cuntis xa poden inscribir aos seus nenos no programa Cuntilín
Por Redacción
O Concello de Cuntis abrirá este luns o prazo de inscripción no programa de conciliación familiar "Cuntilín Verán" que permanecerá activo ata o día 17 deste mes.
O 21 de xuño publicarase a listaxe definitiva de escolares admitidos.
Os impresos de solicitude pódense recoller persoalmente en horario de mañá, de 9 a 14 horas, na OMIX, no Departamento de Servizos Sociais do Concello ou nas Oficinas xerais municipais do mesmo, e en horario de tarde nas instalacións de Cuntilín. Tamén se poden descargar da sede electrónica.
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro do Concello de Cuntis ou a través da Sede electrónica.
Cuntilín Verán está destinado a menores en idade escolar e abarca o período vacacional estival comprendido entre o 23 de xuño e 7 de setembro de 2022, ambos inclusive, permanecendo aberto todos os días hábiles, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 nas instalacións do CPI Aurelio Marcelino Rey García excepto a semana das festas patronais de agosto que estará pechado por este motivo.
Aporta ademáis unha función educativa coa organización dunha serie de actividades que fomenten as capacidades persoais de cada neno favorecendo a comprensión da realidade e integrando a dimensión cognoscitiva, afectiva e social.
O Concello de Cuntis destina a este programa unha partida de 206.250 euros anuais.
Relacionadas:
-
Cuntis abre o prazo de inscrición para participar no Cuntilín de Nadal
Por Redacción |
-
Manuel Campos promete aos participantes no Cuntilín unha festa con inchables
Por Redacción |
-
Música, tradición e moita diversión dan forma ao programa das festas de Cuntis
Por Redacción |
-
A veciña de Troáns, Manuela Reboredo cumpre tantos anos como nenos ten o Cuntilín
Por Redacción |
-
O Campaverán se desenvolverá no mes de xullo en Carballedo
Por Redacción |
-
Haberá Ludoverán 2022, Concello e Fanpa chegan a un preacordo
Por Oskar Viéitez |
-
Poio abre o plazo de inscrición para as ludotecas de verán
Por Redacción |
-
Raxó Verán e Campaverán volverán nos meses de xullo e agosto
Por Redacción |