O litoral da Illa de Arousa recupera a normalidade despois dunha segunda xornada de limpeza de fuel en dúas das súas praias
Por Redacción
A brigada municipal de Servizos do Concello da Illa de Arousa encargouse esta mañana de limpar e recoller os restos de fuel misturados con algas que chegaron ata a costa na madrugada deste mércores.
Apoiados por persoal da Confraría de Pescadores de A Illa e coa coordinación do alcalde, Carlos Iglesias e o edil Luis Arosa; os operarios centraron o seu traballo na praia do Campo e na zona do Regueiro, entornos aos que o mar achegou a mancha que xa fora detectada na tarde anterior no operativo aéreo de control da ría desplegado por Salvamento Marítimo.
Os vixiantes confirmaron ao Concello que a ría de Arousa está limpa e que o vertedura afectaba exclusivamente á Illa arousá.
Os operarios rastrillaron a area para eliminar incluso as pequenas manchas e os restos foron retirados de novo cun camión grúa tamén municipal. O Concello botou man de contenedores do punto limpo para acumular os residuos e mantelos cubertos á espera do seu traslado a unha planta especializada no seu tratamento.
Luis Arosa agradece a implicación da plantilla municipal durante estes dous días de traballo duro e recoñece que nun primeiro momento se viviu certa tensión, tanto polo descoñecemento inicial da dimensión do vertedura como polos recordos que despertou en moitos arousáns o cheiro a chapapote, ligado para sempre a un desastre ambiental moi presente na memoria de toda a comarca.
“Por sorte hoxe o noso litoral xa recuperou a normalidade e desde o Concello quedamos á espera de que conclúa a investigación aberta por Capitanía Marítima para esclarecer o acontecido e que cada quen asuma as súas responsabilidades nun feitos que non deberían ter acontecido”, apunta o rexedor Carlos Iglesias.
Pola súa parte, desde Salvamento Marítimo informan de que "a inspección aérea e marítima foi eficaz, con boas condicións de visibilidade e seguen sen detectar nada en superficie. Solicitouse ao 112 patrullas por terra desde O Grove ata a Illa, de momento non informan de ningún avistamento. Ningún barco que puidera estar faenando informou de avistamentos, todo o que tenemos ata o de agora é o que onte houbo en San Xulián", resumen.
Relacionadas:
-
Un centenar de voluntarios colabora na 'macrolimpeza' do Carreirón
Por Redacción |
-
A Illa de Arousa quere protexer as dunas da praia de Espiñeiro
Por Redacción |
-
O barco que derramou 150 litros de fuel en Ons abandona o porto de Vigo
Por Alejandro Espiño |
-
A aparición de dúas novas manchas de fuel en Arousa forza o peche de bateas
Por Alejandro Espiño |
-
Abren expediente a un buque por verter fuel ao mar e investigan a súa relación co chapapote da Illa
Por Natalia Puga |
-
O chapapote regresa á costa da Illa de Arousa mesturado con algas e investigan un barco de Vigo
Por Natalia Puga |