Concentración na Peregrina fronte á ameaza da "invasión eólica"
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0c8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6395d2becb-20221211-saiz-concentracion-contra-eolicos-9.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/3d0/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6395d2be1c-20221211-saiz-concentracion-contra-eolicos-7.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/130/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6395d2bc5f-20221211-saiz-concentracion-contra-eolicos-2.jpg)
© Cristina Saiz
O 11 de decembro celébrase o Día Internacional das Montañas e por este motivo representantes de oito colectivos ecoloxistas concentrábanse ás 12.00 horas na Praza da Peregrina en Pontevedra ante o chamamento da Coordinadora 'Eólica, Así Non' que alerta da actual invasión eólica.
Ao acto asistían tamén os alcaldes de Pontevedra e de Poio, Miguel Anxo Fernández Lores e Luciano Sobral.
Estes colectivos alertan da situación na que se atopa Galicia cun proceso de "colonización enerxética" que ameaza con destruír terras, montes e mesmo o mar, mentres que a pobreza enerxética increméntase causando que comarcas enteiras, segundo a coordinadora, corran perigo de desertizarse social e industrialmente.
Denuncian que os megaproxectos eólicos que se queren instalar en Galicia atópanse ao servizo exclusivo do oligopolio eléctrico, sen ter en conta os valores ambientais, paisaxísticos, culturais e socioeconómicos da contorna.
Desde a coordinadora lembran que as montañas ofrecen servizos indispensables para a regulación atmosférica e da paisaxe, ademais de ser reserva do patrimonio cultural e de hábitas naturais.
Lamentan a actitude de "empresas especuladoras da enerxía" fronte á poboación máis esquecida das zonas rurais e denuncian a conivencia das administracións públicas, Xunta de Galicia e Goberno estatal, mentres as eléctricas triplican beneficios xa que o prezo da luz sofre a súa maior escalada na historia.
Estes colectivos reclaman a mobilización social para frear este modelo de transición enerxética. Afirman tamén que existen alternativas xustas e sostibles que protexen a natureza. Piden que a poboación galega teña a capacidade para decidir sobre o aproveitamento e obter un equilibrio territorial e ambiental, de forma que a enerxía sexa un ben básico ao servizo da cidadanía.
Colectivos da comarca como a Asociación pola Defensa da Ría; Non ao Parque Eólico do Castrove; Vaipolorío; Adega; Federación Ecoloxista Galega; Asociación Cultural O Quilombo; Capitán Osende e Ecoloxistas en Acción Rías Baixas mostraron o seu rexeitamento á política actual de implantanción de parques eólicos e mostraron o seu rexeitamento ao proxecto en Monte Castrove ao berro de "Eólicas si, pero non así!".
Concentración contra a invasión eólica
No Día mundial das Montañas, a Coordinadora Eólica, Así Non realizou unha concentración de protesta na Praza da Peregrina de Pontevedra, como noutros puntos de Galicia
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
A SCD Raxó alega contra o parque eólico do Castrove polo seu "forte impacto no territorio"
Por Redacción |
-
O Concello de Barro e colectivos veciñais alegan contra o parque eólico previsto no monte Castrove
Por Oskar Viéitez |
-
Os participantes nas xornadas "Temos alternativa" traballarán colectivamente na creación dun novo modelo enerxético
Por Redacción |
-
"Eólica Así Non" organiza en Pontevedra unhas xornadas para a construción colectiva dun modelo enerxético alternativo
Por Redacción |
-
Os socialistas reclaman "unanimidade na loita contra este espolio" ante o avance na tramitación dos parques eólicos
Por Oskar Viéitez |