Trece centros educativos participan no Concurso de Decoración Sostible de Nadal en Vilagarcía
Por Redacción
Regresa o Concurso de Decoración Sostible do Nadal a Vilagarcía de Arousa co formato orixinal. Once colexios e dous centros de Educación Especial participarán nesta edición, segundo avanzan desde o Concello.
Concederanse tres premios en metálico aos adornos mellor avaliados polo xurado e un lote de libros a cada un dos centros participantes.
O premio popular será de 150 euros ao traballo máis votado pola cidadanía a través do perfil de Facebook do Concello de Vilagarcía.
Os adornos permanecerán colgados nas árbores do Parque Miguel Hernández. En caso de tempo chuvioso estes elementos decorativos realizados con material sostible expoñeranse no Auditorio municipal.
Durante estes días tamén se pode visitar no Mercado de Nadal en la Praza da II República. Foron instaladas 16 casetas coa participación de 32 comerciantes. Permanecerá aberto ata o 1 de xaneiro.
Relacionadas:
-
Comeza a sétima edición de "Depoemprende na escola" con 15 cooperativas
Por Redacción |
-
Retorna o autocine a Fexdega este Nadal con películas para público familiar
Por Redacción |
-
Rouban figuras e causan desfeitas na decoración do Nadal de Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |
-
Quinta edición do Concurso de Decoración de Nadal para comerciantes de Vilagarcía
Por Redacción |
-
30 prazas dispoñibles para o Campamento Urbano de Nadal en Vilagarcía
Por Redacción |