Quinta edición do Concurso de Decoración de Nadal para comerciantes de Vilagarcía
Por Redacción
A concellería de Promoción Económica de Vilagarcía de Arousa convocou a quinta edición do Concurso de Decoración de Nadal, un certame dirixido a comerciantes, hostalería e profesionais da Praza de Abastos do municipio.
Segundo as bases, a decoración deberá presentar unha temática relacionada con estas datas do Nadal. Deberán manterse expostos ao público, como mínimo, desde o día 2 de decembro ata o 6 de xaneiro de 2023.
Aquelas persoas interesadas en participar deberán inscribirse xa a través do sistema electrónico de sede.vilagarcia.gal. O prazo pecharase o 2 de decembro.
O Concello establece nesta edición un primeiro premio de 595 euros; dous segundos de 395 e outros dous terceiros de 200 euros. A elección dos escaparates gañadores será realizada polos propios establecementos participantes neste certame.