Retorna o autocine a Fexdega este Nadal con películas para público familiar
Por Redacción
O aparcamento posterior do recinto de Fexdega en Vilagarcía de Arousa acollerá novas sesións cinematográficas dentro dun ciclo de autocine de Nadal.
As sesións celebraranse os venres das tres semanas principais das vacacións: o 23 e 30 de decembro e o 6 de xaneiro. As proxeccións comezarán ás 20.00 horas.
O goberno local recomenda que as persoas asistentes cheguen con antelación para aparcar e sintonizar nos seus aparellos de radio o son da película.
A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade do recinto, aínda que é preciso realizar unha reserva previa a través da plataforma Vivetix.
As películas que se proxectarán son 'Os Elfkins", o venres 23; 'Clifford, o gran can vermello', o día 30; e 'O regreso de Mary Poppins', prevista para o 6 de xaneiro, na xornada do Día de Reyes.
Pero o cinema para público familiar chega antes a Vilagarcía coa proxección o sábado 17 de decembro en "Cinema na Rúa", na praza da II República, da película 'A invención de Hugo', do director Martin Scorsese. Será a partir das 18.30 horas.