Soutomaior esixe solucións "urxentes" ante o "insostible" problema do humo que emana de Pontesa
Por Redacción
Soutomaior dixo basta. A situación da nave de Pontesa, que leva dez días emanando fume e malos cheiros desde que se incendiou, é insostible. Por iso é polo que o goberno municipal esixa solucións "urxentes" ante esta problemática.
Fixérono a través dun escrito no que denuncian que o fume que sae de Pontesa "está a afectar negativamente" aos seus veciños e aos habitantes de poboacións próximas, entre elas Ponte Sampaio ou Paredes (Vilaboa).
"Os veciños da zona xa sufriron bastante co incendio, como para que, semanas máis tarde, teñan que seguir convivindo cos fumes e o mal cheiro que entra nas súas casas", subliña o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera.
Reclama que se tomen as "medidas oportunas" para solucionar este problema, xa que dez días despois do fatal incendio "o material alí existente segue en combustión".
O cheiro a fume, segundo o rexedor, percíbese a máis dun quilómetro da fábrica accidentada, "polo que o número de veciños afectados é moito maior do que puidese parecer a primeira ollada", ao sumarse ademais ás persoas que pasan ou visitar toda esta zona.
"É unha situación que se está prolongando demasiado no tempo e afecta claramente á vida diaria da xente", sentencia o alcalde.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Así están a retirar o material queimado dentro da nave de Pontesa
Por Redacción |
-
"Tres ou catro días" de traballo por diante para vaciar a nave de Pontesa e extinguir o seu incendio
Por Alejandro Espiño |
-
Preocupación veciñal polo fume de Pontesa: "Pícanme os ollos e a garganta. Non podo saír da casa sen máscara"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O incendio en Pontesa chega ao Parlamento de Galicia
Por Redacción |
-
A empresa inicia unha investigación propia sobre o incendio en Pontesa, onde almacena 42.000 toneladas
Por Natalia Puga |