Iván Puentes proyecta la dotación de patios escolares verdes con jardines de lluvia y huertas
Por Redacción
El proyecto de restauración ecológica y eliminación de especies invasoras impulsado por la Concejalía de Desarrollo Sostenible y Medio Natural en la Xunqueira de Alba, financiado por la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica (y que cuenta con un presupuesto de 368.530 euros), podría completarse con la creación de un Centro de Interpretación semejante al Ataria de los Humedales de Salburua, en Vitoria-Gasteiz.
Esta es cuando menos la intención del concejal responsable del área, el socialista Iván Puentes, que también prevé extender entre los centros educativos de Pontevedra un modelo de patios escolares dotados de jardines de lluvia y huertas como lo que ya se está aplicando con éxito en los colegios de la capital alavesa.
Estas ideas fueron abordadas en el marco de un nuevo encuentro técnico-político que los concejales de Desarrollo Sostenible y de Promoción Económica y Turismo de Pontevedra, Iván Puentes y Yoya Blanco, mantuvieron esta mañana con la primera teniente de alcalde y edil de Promoción Económica y Turismo de Vitoria, Maider Etxebarria, y otros miembros del equipo de gobierno de este ayuntamiento alavés.
Después del encuentro, en el que se evaluaron las experiencias y resultados de los proyectos de peatonalización, movilidad y accesibilidad desarrollados por ambas ciudades en las últimas décadas, la comitiva municipal tuvo ocasión de visitar el parque infantil de la Plaza Etxauri, un buen ejemplo de jardín de agua y restauración y reverdecemento de espacio degradado, y el ecobarrio de La Coronación, donde se comenzaron aplicar políticas de autoeficiencia energética y autoconsumo.
Tal y como subrayó Iván Puentes, nuestra ciudad puede importar de Vitoria "unha experiencia na que é pioneira a nivel nacional e internacional, que é a creación de patios verdes nos centros escolares e que consiste fundamentalmente en despavimentar parte deses patios, dos que moitos están totalmente asfaltados, son patios duros e sen ningún interese desde o punto de vista medioambiental, e recuperalos creando chans de herba e nos que haxa diversos elementos que lles permitan aos nenos e nenas interaccionar coa natureza".
"Esencialmente, xogos infantís con plantas e flores e tamén co que se denomina lagoas de choiva, que son láminas de auga moi finiñas, de 50 centímetros de altura, moi controladas xa que estamos nun recinto escolar, que permiten que cando chove se acumule aí algo de auga, que aparezan anfibios e biodiversidade e crezan plantas e que os nenos e nenas día tras día poidan ver como van evolucionando eses ecosistemas e xogar e interaccionar con eses elementos. En definitiva, que en toda a súa xornada escolar, ademais de estudar, aprender e xogar ao que tradicionalmente se xoga nos patios dos colexios, teñan tamén un contacto diario, permanente, coa natureza e co ecosistema que teñen máis preto da súa casa", explicó el concejal del PSOE.
CEIP A XUNQUEIRA II
Puentes indicó que la Concejalía de Desarrollo Sostenible ya tiene prácticamente finalizado el proyecto de reforma de una parte del patio del CEIP A Xunqueira II, "que presenta un problema de asolagamentos durante os días de choiva na súa parte dianteira, onde xogan os nenos de Infantil", polo que "a actuación prevista, que inicialmente estaba pensado para drenar, restar ese exceso de auga e canalizalo á condución xeral do Concello, podería completarse cunha intervención para poder reutilizar esa auga, que é limpa e que aflora alí de xeito natural, para crear eses pequenos espazos de auga controlados que fagan que o patio e o campo estean secos, pero teñamos tamén esas zonas con humidade que permitan que os nenos e nenas, acompañados polos seus profesores, poidan interaccionar coa natureza".
Según afirmó, "dentro destes patios verdes tamén se plantexa algo que en Pontevedra xa temos bastante avanzado, que son as hortas escolares, xa que practicamente tódolos centros de Primaria que nolos reclamaron teñen o seu horto".
"En Vitoria van moi avanzados neste eido, pero ademais cunha medida moi concreta: teñen tamén na cidade, como nós, unha facultade de Ciencias da Educación e o Concello de Vitoria financia nese centro a creación dun horto para que os mozos e mozas que hoxe están estudando para seren mestras e mestres o día de mañá, aprendan xa desde a facultade a sensibilizarse con eses hortos escolares, de xeito que, cando sexan mestres, poidan incorporar ao seu día a día nas escolas toda esta aprendizaxe sobre os coidados do horto e sobre a importancia dunha alimentación saudable e de proximidade, baseada en produtos frescos. Isto podería solucionar ademais un problema que agora temos en Pontevedra, xa que tódolos centros que nolo solicitan dispoñen de horta, pero sempre están condicionados a que haxa un mestre que o pida, que se responsabilice e sensibilice con el. Cando ese profesor está, o horto funciona, pero cando non está, acaba decaendo e abandonándose. Se facemos o esforzo de que ano a ano tódolos profesores que formamos na Universidade de Vigo, saian da facultade con esa aprendizaxe, estou seguro de que reduciríamos tamén esta taxa de fracaso coas hortas escolares", aseguró el socialista.
CENTRO DE INTERPRETACIÓN
Iván Puentes apuntó que lo de los Humedales de Salburua "é un espazo natural que ten moitas semellanzas coa nosa Xunqueira de Alba, inicialmente degradado, moitísimo máis do que estivo e está a Xunqueira, porque non tiña auga, estaba desecado, e Vitoria hai anos que apostou por recuperar ese espazo: primeiro desde o punto de vista biolóxico, exactamente o que nós imos facer agora a través dos fondos Next Generation cunha Xunqueira que segue a ter humidade, pero que está pouco a pouco converténdose nun bosque, acolmatándose e perdendo esa riqueza biolóxica e ese carácter de humidal; e nun segundo momento, unha vez recuperado o espazo e dotado dunha rede de sendas para percorrelo (cousa que tamén se fará na Xunqueira, comezando pola zona das naves do Parque de Maquinaria e a Imprenta Provincial)".
"Nunha segunda fase, cando teñamos consolidada a restauración ambiental deste espazo e a cidadanía de Pontevedra comece a achegarse a el máis do que o fai actualmente, buscaremos captar fondos -señaló Puentes-, para dotar á Xunqueira de Alba do seu propio Centro de Interpretación. Nin sequera habería necesariamente que construír un novo, xa que dispoñemos de equipamentos na zona que se poderían aproveitar".
El concejal de Desarrollo Sostenible es consciente de que "en moitas ocasións, este tipo de centros convértense en contedores baleiros, que non teñen sentido, funcionan pouco e practicamente carecen de actividade", algo que "a experiencia de Vitoria nos amosa unha vez que depende de como se xestionen". "Os Humidais de Salburua son semellantes en extensión aos que temos aquí e teñen unha riqueza medioambiental incluso menor que a da Xunqueira, e polo Ataria pasan 90.000 persoas cada ano... Nunha cidade como Vitoria, que non é turística, senón industrial, e que porcentualmente ten menos turismo do que temos en Pontevedra. Eles conseguiron facer dese humidal, que era un secarral, un dos principais atractivos turísticos da cidade, ao que ademais, os propios habitantes acuden para organizar actos e facer todo tipo de actividades. Imaxinen o que isto podería supoñer para Pontevedra en canto a actividade económica e polo de atracción para futuros visitantes", subrayó el edil del PSOE.
Relacionadas:
-
Caldas redobla su apuesta por los huertos escolares en el día mundial del Medio Ambiente
Por Redacción |
-
Activada la parte del nuevo contrato de Parques y Jardines adjudicada a la Fundación Juan XXIII
Por Redacción |
-
Diez días de reasfaltados en calzadas de diez puntos de la ciudad
Por Redacción |
-
¿Funcionaría en Pontevedra el modelo de ecobarrios de 'emisión cero' de Vitoria-Gasteiz?
Por Redacción |
-
Pontevedra, única urbe española en la alianza europea por la renaturalización de las ciudades
Por Alejandro Espiño |