Carme P.G. Granxeiro, protagonista do Vermú de Pinto e Maragota na Libraría Paz
Por Redacción
A Libraría Paz acollerá un Vermú Literario protagonizado pola escritora Carme P.G. Granxeiro, autora do libro Estranxeiras, co que logrou acadar o II Premio Pinto e Maragota pola Diversidade de Sexo e Xénero.
Será o vindeiro xoves 10 de novembro a partir das 19:30 horas e está promovido pola la Concellería de Igualdade en colaboración con Pinto e Maragota.
Segundo a sinopse, a condutora da Kawasaki negra chega a Santa Mariña de Augas Novas sen intención de ficar, inmersa nunha fuxida que a fixo abandonar Berlín ás présas e levando consigo pouco máis que o portátil e unhas mudas. A menos de dous quilómetros, noutro punto da aldea, Maruxa recibe a súa neta Mara e a crianza desta que, coa intención de pasar o verán na casa familiar, descargan algunhas maletas e non esquecen o libro das fadas. Arredor da oposición veciñal a un proxecto urbanístico preto do río, un amplo elenco de personaxes vese fiado por un rural que se debate entre a desaparición e a renacenza.
En Estranxeiras, Carmen P.G. Granxeiro constrúe un relato de esperanza no cal a realidade queer, as transicións e a historia colectiva conviven nun podcast, en múltiples vidas e nalgunhas mortes.
A autora conta cunha dilatada produción audiovisual propia. Participou en diversas actividades de Pinto e Maragota, tanto no II Congreso Pinto e Maragota pola Diversidade, como en videofórums nos centros de Ensino Secundario de Pontevedra, cos seus filmes Persoas S.A. e 1948-2016, un final para empezar.
Relacionadas:
-
A terceira edición do certame literario Pinto e Maragota xa está en marcha
Por Redacción |
-
Pinto e Maragota forma a estudantes pontevedreses sobre a historia da disidencia sexual en Galicia
Por Redacción |
-
Os soportais do Campillo de Santa María acollerán este domingo o Concurso Tortilleiro
Por Redacción |
-
Unha 'foliada diversa' retomará os Vermús de Pinto e Maragota en setembro
Por Redacción |
-
O II Premio Literario Pinto e Maragota pola Diversidade de Sexo e Xénero, para Carme P.G. Granxeiro
Por Redacción |