Pinto e Maragota forma a estudantes pontevedreses sobre a historia da disidencia sexual en Galicia
Por Redacción
Dentro do programa municipal pola diversidade sexual Pinto e Maragota, a concellería de Igualdade de Pontevedra pon en marcha a iniciativa 'A nosa memoria é diversa', unha actividade didáctica ao redor da historia da disidencia sexual en Galicia destinada a alumnado de 4º ESO, Bacharelato e ciclos formativos.
A través de nove sesións impartidas pola doutora en Historia e activista LGBTIQA+ Daniela Ferrández, autora da obra 'A defunción dos sexos. Historia da disidencia sexual na Galiza Contemporánea', o proxecto tradúcese nun roteiro virtual a través de Google Maps polos lugares de Galicia asociados a acontecementos da historia da disidencia sexual, algo que se acompañará doutros recursos visuais como fotografías e vídeos.
A iniciativa deu comezo este luns na EPA Río Lérez (para estudantado adulto) e continuuou pola tarde no IES Sánchez Cantón, en dúas sesións (ás 16:30 e ás 17:30 horas) para alumnado de 4º da ESO.
Segundo explica a concelleira de Igualdade, Yoya Blanco, "nestes obradoiros, a relatora describe eses acontecementos e axuda a mellorar a comprensión sobre a diversidade sexual, a súa historia e a súa situación no pasado e no presente, así como a idea de que tamén participou nestes procesos, que tradicionalmente temos identificados con lugares como Nova York (a Revolta de Stonewall), Madrid ou Barcelona".
Esta actividade conecta tematicamente co lema 'Orgullo e Memoria' das celebracións da semana do Orgullo LGBTIQA+ celebrado en Pontevedra, coa finalidade de celebrar e reivindicar a memoria do colectivo LGBTIQA+ en Galicia. A vindeira semana trasladarase aos IES Torrente Ballester, Frei Martín Sarmiento e A Xunqueira I e ao CIFP A Xunqueira.
Relacionadas:
-
O Campiño de Santa María acolle o segundo vermú tortilleiro de Pinto e Maragota
Por Redacción |
-
Pinto e Maragota comeza cunha Foliada Diversa e ofrecerá un congreso para docentes
Por Anxo Lourido |
-
A obra 'Todo o que doe' de Carmen Caramés, gañadora do III Literario Pinto e Maragota
Por Redacción |
-
A terceira edición do certame literario Pinto e Maragota xa está en marcha
Por Redacción |
-
Os soportais do Campillo de Santa María acollerán este domingo o Concurso Tortilleiro
Por Redacción |
-
Carme P.G. Granxeiro, protagonista do Vermú de Pinto e Maragota na Libraría Paz
Por Redacción |