Marga Caldas amplía as súas competencias no goberno local de Poio
Por Redacción
Marga Caldas, portavoz do BNG no Concello de Poio, substituirá a Xulio Barreiro e a Jose Luis Martínez nas delegacións de Sanidade e Patrimonio, eixos fundamentais das liñas de traballo de fronte os próximos meses.
Pola contra, as responsabilidades de Normalización Lingüística e Memoria Historia, que ata o de agora ostentaba Caldas, pasará a dirixilas a compañeira Raquel Rodríguez, unha das novas incorporacións na última candidatura 2019 e que pasa a gañar máis peso dentro do goberno municipal.
O alcalde, Luciano Sobral, xustifica que "esta remodelación do equipo do BNG débese a unha nova coordinación para o traballo do grupo que vai fortalecer a xestión municipal". Os novos retos e situacións administrativas centran o cambio de competencias que, en palabras de Nito Sobral "esta decisión vai ser positiva para fortalecer a xestión e traballo no Concello".
Son determinadas áreas que Marga Caldas, xa estivo asumindo todo este mandato e que agora ostentará toda a portavocía das mesmas en colaboración directa cos compañeiros. A construción do centro de saúde e a xestión da adquisición dos novos terreos "son cuestións fundamentais para este goberno, xunto coa problemática e deficiencia sanitaria que sofre a atención primaria e que vimos demandando estes últimos anos desde o BNG".
"Con respecto á área de Patrimonio hai un importante traballo desenvolvido, por Caldas e Barreiro, de recuperación e rehabilitación urbanística e de vivenda que van culminar este mandato", engade o BNG no seu comunicado.
Relacionadas:
-
Recollida de sinaturas en Anafáns e manifestación para demandar unha Atención Primaria digna
Por Redacción |
-
O BNG de Poio presenta á súa candidata Marga Caldas cun xantar aberto á veciñanza
Por Redacción |
-
Tamara González recollerá a acta de concelleira en substitución de Sergio Pereira no PP de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Marga Caldas, ante o reto de "coller o legado de Nito e abrir un proxecto de futuro para Poio"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |