O BNG de Poio presenta á súa candidata Marga Caldas cun xantar aberto á veciñanza
Por Redacción
O vindeiro domingo 27 ás 13:30 o BNG de Poio organiza un xantar no restaurante Brisa Atlántica de Lourido que servirá como punto de partida de cara ás eleccións municipais de maio do 2023.
Neste xantar haberá un pequeno acto no que intervirán o alcalde de Poio, Luciano Sobral e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e pechará a candidata á alcaldía Marga Caldas.
"Será o inicio dunha gran campaña. Desde o BNG non nos poñemos límites e imos a por todas para revalidar a alcaldía. Hai un ambiente de receptividade ás nosas propostas e agardamos que haxa unha gran asistencia ao xantar", explicou Marga.
Ademais tamén se fará un recoñecemento á traxectoria política do alcalde máis lonxevo da comarca, que anunciou que dará o relevo á concelleira Marga Caldas como candidata no mes de outubro. Desde entón, e tras a elección como candidata pola Asemblea Local, realizáronse numerosos encontros sectoriais, que continuarán con reunións veciñais en todas as parroquias para presentar aos veciños de Poio as propostas do BNG e recoller as súas achegas na redacción do programa electoral.
Relacionadas:
-
Luciano Sobral pecha unha candidatura do BNG de Poio chea de "forza, ilusión e capacidade"
Por Oskar Viéitez |
-
Xabier Rodríguez Paz encabezará a candidatura municipal do BNG en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Emotivo acto de despedida do BNG a Luciano Sobral, despois de case tres décadas como alcalde de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Suba de impostos ás eléctricas, proposta de Ana Pontón en Pontevedra fronte a crise de prezos
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Marga Caldas amplía as súas competencias no goberno local de Poio
Por Redacción |
-
Marga Caldas, ante o reto de "coller o legado de Nito e abrir un proxecto de futuro para Poio"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |