Comeza a vacinación do persoal sanitario fronte á gripe
Por Oskar Viéitez
A Campaña de Vacinación da Gripe 2022 deu comezo este luns 10 de outubro para o persoal dos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) en Pontevedra e O Salnés. O xerente da Área Sanitaria, José Flores, quixo dar exemplo e ser un dos primeiros en recibir a vacina.
O obxectivo xeral da campaña é diminuír o número e a gravidade das complicacións derivadas do padecimiento da gripe, tentando minimizar o impacto na saúde mediante a súa prevención.
Habilitáronse como puntos de vacinación en atención hospitalaria o Servizo de Medicina Preventiva no Hospital Montecelo, a Unidade de Prevención de Riscos Laborais -UPRL- no Hospital Provincial, o Centro de especialidades da Casa do Mar de Mollabao e o Servizo de Medicina Preventiva do Hospital do Salnés.
Os profesionais de Atención Primaria da Área Sanitaria poden vacinarse no seu propio centro de saúde. El objetivo es conseguir una cobertura vacunal en los trabajadores sanitarios del Sergas y trabajadores sociosanitarios superior al 75%.
Tamén están chamadas a vacinarse a partir deste día 10 de outubro as persoas institucionalizadas de maneira prolongada (residencias de persoas maiores e persoas con discapacidade) e traballadores destas institucións; tamén as persoas de 85 e máis anos; os nenos de 6 a 59 meses; o persoal das oficinas de farmacia e o persoal que traballa nos servizos de emerxencias sanitarias.
A partir do 17 de outubro convocarase ás persoas de 80 a 84 anos, a partir do 31 de outubro ás de 70 a 79 anos; o 7 de novembro ás de 60 a 69 anos así como as persoas menores de 60 anos con patoloxías de risco, mulleres durante o embarazo, persoal de servizos esenciais e persoal de exposición laboral.
A partir do 14 de novembro están convocados os conviventes de persoas de risco e o resto da poboación diana.
Por tanto, a incorporación dos grupos de risco á campaña de vacinación será secuencial. A medida que se incorporen os novos grupos, se solaparán cos anteriores. Non se pechará un grupo para iniciar o seguinte.
Este ano a campaña de vacinación da gripe coincide no tempo coa campaña de vacinación da segunda dose de recordo fronte á Covid19, de tal maneira que ás persoas que sexan citadas de forma automática para a vacina fronte á Covid-19 ofréceselles a vacina da gripe.
Neste caso, o obxectivo específico é conseguir unha cobertura na poboación de 65 ou máis anos igual ou superior ao 75%.
Relacionadas:
-
O vacunódromo de Campolongo pechará o 30 de novembro
Por Redacción |
-
A gripe chegou antes este outono e xa está activo o plan de continxencia que prohibe acompañantes en Urxencias
Por Anxo Lourido |
-
Nova fase na campaña de vacinación de reforzo contra a covid coa citación de persoal sanitario
Por Diego Espiño |
-
Máis de 8.000 persoas recibiron xa a cuarta dose da vacina contra a covid-19 na área sanitaria
Por Redacción |
-
A área sanitaria insiste en que están a buscar fórmulas para resolver os problemas na Atención Primaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Inauguran o novo Hospital de Día na entrada a consultas externas do Hospital Provincial
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Morre un home de 83 anos ingresado con covid na Área Sanitaria de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Volven as colas ao vacinódromo de Campolongo
Por Redacción |
-
Aparcamento de balde, cadeiras de rodas e "moitas ganas" no regreso dos vacinódromos para os maiores de 80
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Reapertura de vacinódromos este venres 7 en Pontevedra e O Salnés para inxectar a cuarta dose anticovid
Por Redacción |