Reapertura de vacinódromos este venres 7 en Pontevedra e O Salnés para inxectar a cuarta dose anticovid

Por Redacción

© Mónica Patxot
Este venres 7 de outubro comeza a campaña de vacinación masiva da cuarta dose, segunda de reforzo, da vacina contra a covid-19. Os vacinódromos na área de Pontevedra e O Salnés serán o edificio administrativo da Xunta de Galicia en Campolongo; o recinto de Fexdega en Vilagarcía en días laborables e o Hospital do Salnés durante as fins de semana.
Nos primeiros días está a citarse a persoas maiores de 85 anos e, a continuación, irán citándose a persoas con idades comprendidas entre os 80 e os 84 anos. Estas persoas, segundo Marina González Zar, enfermeira de coordinación de vacinación da área sanitaria, contarán con facilidades para que poida administrarse a vacina.
O recinto estará dotado de cadeiras de rodas para as persoas con mobilidade reducida e haberá persoal de apoio durante o tempo de espera nas colas. Ademais, no caso do vacinódromo de Pontevedra, proporcionarase un ticket para o aparcamento de Campolongo coa primeira hora gratis para aquelas persoas que estean citadas e vacínense.
Esta fin de semana atópanse citadas 3.325 persoas nestes espazos da área sanitaria. Os horarios serán de mañá e tarde, de 09.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 20.30 horas.
Marina González Zar indica que aquelas persoas que foron diagnosticadas con covid de maneira recente deben esperar tres meses desde o día do diagnóstico para aplicarse a vacina no caso de que teñan máis de 80 anos.
No caso das persoas menores de 80 anos que padecesen a enfermidade recentemente e non pertenzan a un grupo de alto risco ou non vivan nunha residencia sociosanitaria deberán esperar cinco meses desde o diagnóstico para recibir esta dose.
Relacionadas:
-
Máis de 61.600 pontevedreses xa teñen a cuarta dose da vacina contra a covid-19
Por Natalia Puga |
-
Nova fase na campaña de vacinación de reforzo contra a covid coa citación de persoal sanitario
Por Diego Espiño |
-
Comeza a vacinación do persoal sanitario fronte á gripe
Por Oskar Viéitez |
-
Volven as colas ao vacinódromo de Campolongo
Por Redacción |
-
Aparcamento de balde, cadeiras de rodas e "moitas ganas" no regreso dos vacinódromos para os maiores de 80
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Comeza a administrarse a cuarta dose contra a covid-19 na residencia de Campolongo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Galicia prevé reabrir os 'vacinódromos' o 10 de outubro para a cuarta dose contra a covid-19
Por Redacción |
-
Galicia comezará "de inmediato" a inocular a cuarta dosis da vacina da covid-19
Por Alejandro Espiño |