A princesa Leonor recibirá formación militar na Escola Naval de Marín
Por Redacción
A princesa Leonor, do mesmo xeito que fixo o seu pai, recibirá formación militar na Escola Naval de Marín. O seu adestramento, que o levará tamén por outras academias castrenses, comezará no outono de 2023, cando a herdeira real cumprirá dezaoito anos.
El País Semanal ha desvelado que, cando complete os seus estudos de bacharelato en Gales, a princesa deberá recibir este adestramento militar.
Así, acudirá á academia do Exército do Aire, en San Javier (Murcia) e á do Exército de Terra, en Zaragoza. Este periplo concluirá en Galicia, na Escola Naval de Marín, onde ingresará como gardamariña.
Ao terminar embarcarase, como o rei Felipe VI durante a súa instrución, no buque escola Juan Sebastián Elcano, participando na súa navegación por todo o mundo.
Dentro da súa preparación para converterse na futura raíña de España, non será ata 2024 cando a princesa Leonor inicie os seus estudos universitarios.
Segundo esta mesma publicación, cursará unha carreira que terá Dereito como columna vertebral, previsiblemente, na Universidade Autónoma de Madrid.
Relacionadas:
-
Juan Carlos I, Felipe VI e Leonor de Borbón visitarán as Rías Baixas nos vindeiros días
Por Mónica Patxot & Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Cúmprense oitenta anos da inauguración da Escola Naval de Marín
Por Redacción |
-
Investimento millonario do Ministerio de Defensa na Escola Naval de Marín
Por Redacción |
-
A Escola Naval, un "escenario magnífico" para inaugurar o curso académico militar
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Británicos en Pontevedra: "Isabel II era moi querida, non estou seguro que Carlos III vaia a ter a mesma popularidade"
Por Redacción |
-
Recordo aos mariñeiros do Pitanxo no acto de entrega de despachos na Escola Naval
Por Oskar Viéitez |
-
Pasodobres, selfies e desmaios na chegada do Juan Sebastián Elcano á Escola Naval de Marín
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |