Investimento millonario do Ministerio de Defensa na Escola Naval de Marín
Por Redacción
O Ministerio de Defensa pechará este martes 14 de febreiro o prazo de presentación de ofertas para todas aquelas empresas interesadas en facerse co contrato de adecuación da explanada da Escola Naval Militar de Marín.
O orzamento base para esta obra é de 2,1 millóns de euros, destinados á renovación do pavimento dunha superficie que supera os 13.000 metros cadrados e que actualmente se atopa en mal estado con afundimentos e irregularidades.
Neste espazo, entre outras funcións, desenvólvese a cerimonia de entrega de Despachos cada 16 de xullo, ademais dos habituais desfiles, xuras de bandeira e exercicios de instrución militar.
Defensa tamén ten prevista a retirada do pantalán "Guardiamarina Chereguini" cuxo taboleiro de 10 metros atópase deteriorado pola corrosión. No seu lugar instalarase unha nova pasarela flotante.