As obras da nova pista multideporte e do parque canino de Monte Porreiro comezarán en setembro
Por Redacción
Unha pista multideporte na Praza de Europa e o primeiro parque canino do barrio na zona verde existente entre as rúas Reino Unido, Luxemburgo e Bélxica, nas inmediacións da Galiña Azul, serán os dous próximos proxectos para Monte Porreiro en seren executados.
A súa construción, que foi adxudicada por un investimento global que supera os 100.000 euros, comezarán este mes de setembro, segundo confirmaron os edís Iván Puentes e Marcos Rey nunha xuntanza cos veciños do barrio.
Na nova pista, os veciños de Monte Porreiro poderán practicar fútbol, baloncesto ou balonmán e o proxecto incluirá a mellora paisaxística e axardinamento desta contorna situada entre as rúas Bélxica e Alemaña.
O proxecto foi adxudicado á empresa Garocaprim por uns 54.000 euros e o inicio das obras só está pendente da subministración dos materiais.
Naturgalia, pola súa banda, será a encargada de habilitar o parque canino, no que se investirán case 48.000 euros. Estará nunha ampla zona verde situada a carón da escola infantil.
A actuación contempla o peche da parcela, unha fonte de aceiro inoxidable combinada para persoas e animais, un poste para que os cans ouriñen, un sistema de rega con aspersores ou unha pérgola en madeira de piñeiro vermello para refuxiarse da choiva ou o sol.
Este será un dos tres parques caninos que se construirán en Pontevedra, xa que están previstos outros dous en Campolongo e Valdecorvos.
Relacionadas:
-
Día de festa para os cans de Monte Porreiro coa estrea do seu primeiro parque canino
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
O PP pedirá no pleno un investimento de cinco millóns de euros para melloras en Monte Porreiro
Por Anxo Lourido |
-
A estrea do parque canino de Monte Porreiro, á espera de que brote o céspede
Por Redacción |
-
Monte Porreiro estreará en xaneiro o parque canino situado xunto á escola infantil
Por Redacción |
-
Comezan as obras de construción da nova pista polideportiva do parque da Praza de Europa
Por Redacción |
-
Inicio escolar con estrea de parque infantil nas Palmeiras
Por Redacción |
-
Os parques infantís da Praza de Europa e do Mirador locen "como novos" para este verán
Por Redacción |
-
Máis de dous millóns de euros para converter o pavillón de Monte Porreiro na casa do tenis de mesa
Por Diego Espiño |