Os militares incorpóranse á vixilancia do monte en Galicia con avións non tripulados de recoñecemento
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/5d1/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/62f3b4ad3a-214_5.jpg)
© Ministerio de Defensa
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/27f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/62f3b4fee1-img_20220810_121808.jpg)
© PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/714/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/62f3b51b61-img_20220810_124314.jpg)
© PontevedraViva
O vindeiro domingo 14 de agosto un total de 30 patrullas do Exército despregaranse polo territorio galego para sumarse aos efectivos antiincendios da Xunta, no marco dun convenio entre o goberno autonómico e o Ministerio de Defensa que supón un investimento de preto de 500.000 euros.
Trátase da Operación "Centinela gallego" que Defensa vén desenvolvendo desde o ano 2007 e que consiste en establecer un operativo de patrullas e medios aéreos para realizar labores de vixilancia, disuasión e prevención dos lumes en 33 concellos das provincias de Pontevedra, A Coruña e Ourense, repartidos nun total de 7 distritos forestais.
Esta operación prolongarase ata o 30 de setembro con posibilidade de prórroga en función das circunstancias. Como novidade este ano destaca a incorporación do avión non tripulado co sistema PASI (Plataforma Autónoma Sensorizada de Intelixencia), unhas aeronaves de 400 quilos de peso que teñen unha envergadura de 8,5 metros por 5,85 metros de lonxitude e unha autonomía máxima de 15 horas, aínda que as misións serán de 10 horas.
O importante deste vehículo aéreo é a cámara, que funciona tanto de día como de noite sendo capaz de identificar a cara dunha persoa a 1.500 metros de altura. Ademais detecta posibles puntos de calor proporcionando as coordenadas aos servizos de extinción.
As patrullas continuarán utilizando os pequenos drons Raven, cunha autonomía de 90 minutos e un alcance de 10 quilómetros. Atópanse, así mesmo, dous helicópteros en previsión de ser empregados no momento que a Xunta solicite a Defensa un "aumento do nivel de esforzo" correspondendo un helicóptero no nivel alto e dous ao nivel moi alto. Dentro deste cambio aumentaríase o número de patrullas ata un máximo de 50 no nivel alto e 75 no moi alto.
A base aérea das brigadas helitransportadas do Campiño, en Pontevedra, acolleu este mércores a presentación desta operación nun acto no que participaron a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, o conselleiro do Medio Rural, José González, e o Xefe da Brigada "Galicia" VII (BRILAT), o xeneral Luís Cortés. Tamén estaban presentes o comisario provincial accidental da Policía Nacional, Ramiro José Gómez, e o coronel xefe provincial da Garda Civil, Simón Venzal.
Larriba subliñou a importancia de "mantener la colaboración y la cooperación interinstitucional para que la prevención y lucha contra los incendios sea eficaz" e tamén destacou o "compromiso del Gobierno de España en la lucha contra el fuego".
Pola súa banda, José González agradeceu o labor dos efectivos contra o lume "que se están partiendo la cara con su trabajo en unas condiciones extremadamente difíciles" e reiterou o chamamento á prudencia e á colaboración cidadá, avisando de eventuais incendios ou denunciando condutas sospeitosas xa que "estamos detectando un fuerte componente de intencionalidad".
O conselleiro tamén xustificou que o motivo polo que os militares se despreguen a estas alturas do verán baséase na experiencia acumulada en anos anteriores que demostra que "el mes de julio históricamente es un mes de pocos incendios en Galicia y nosotros trabajamos con las estadísticas" ordenando a dispoñibilidade dos medios para estar preparados co máximo despregamento naquel momento que "estadísticamente hay más dificultades".
Relacionadas:
-
Volve a operación Centinela Gallego, unha acción "única a nivel estatal" contra os incendios
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Os militares volverán ao monte coa operación Centinela Gallego a partir do 15 de agosto
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Cambio á fronte da Brilat: Luis Cortés deixa a brigada tras o seu ascenso a xeneral de división
Por Redacción |
-
O Comandante do Mando de Operacións felicita os militares despregados na 'Operación Centinela Gallego'
Por Redacción |
-
O conselleiro do Medio Rural desvela que "hoxe pola noite volvemos ter nove intentos de prender lumes"
Por Oskar Viéitez |
-
A Canicouva revive o pesadelo do incendio do 2006
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Técnicos municipais avaliarán esta semana os danos que o incendio causou no Parque forestal da Fracha
Por Redacción |