O campo de fútbol de Salcedo, unha obra que non ve a luz: "É imposible que se poida utilizar na tempada 2022-23"
Por Redacción
"É imposible que o campo se poida utilizar esta tempada 2022/23". Así de rotundas foron as palabras do concelleiro do Partido Popular de Pontevedra Pablo Fernández despois de visitar os terreos onde se vai a contruir o campo de fútbol de Salcedo.
Cedidos pola Mancomunidade de Montes ao Concello en 2020, despois de dous anos "a parcela segue exactamente igual que entón a pesar do compromiso por parte da Concellería de Deportes de que para a próxima tempada as instalacións xa estarían dispoñibles".
Para Fernández, "é imposible que o campo se poida utilizar na tempada 2022-23, algo que implicaría que os clubs xa puidesen utilizar o campo en agosto, cando levan a cabo a pretemporada". O concelleiro é firme coa posición xa que "ao campo aínda non chega nin a electricidade nin se iniciaron os trámites para poñela en marcha".
"Se xa é algo habitual o atraso das obras realizadas polo Concello de Pontevedra, é completamente ilóxico que aínda non se iniciasen os trámites para que haxa corrente eléctrica nesta instalación", sostén. "Xa non sorprende que unha obra municipal acumule atraso".
Por mor destes atrasos, o popular urxe ao Concello a "iniciar os trámites correspondentes para que os veciños teñan o seu campo canto antes".
Relacionadas:
-
O Concello inicia o expediente de licitación do campo de fútbol de Salcedo: "É unha cuestión prioritaria"
Por Redacción |
-
A SCD Salcedo denuncia o roubo de portas, chaves de luz e enchufes no campo de fútbol do Casal
Por Diego Espiño |
-
O Salcedo sae á rúa farto de ser "o club máis antigo sen un campo de herba"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O PP pide a dimisión do concelleiro Demetrio Gómez polo atraso de obras e proxectos municipais
Por Diana Eiras & Anxo Lourido |
-
Unha UTE galega construirá o campo de fútbol de Salcedo por 1,48 millóns de euros
Por Alejandro Espiño |
-
A construción do campo de fútbol de Salcedo comezará antes de final de ano
Por Alejandro Espiño |
-
As obras do novo campo de fútbol de Salcedo comezarán no verán
Por Redacción |