Nin a calor pode coa Rapa das Bestas de Amil
Por Redacción
Amil celebrou este domingo a súa tradicional Rapa das Bestas. Centos de persoas, a pesar da calor reinante, achegáronse ao curro do Monte Acibal para cumprir con este rito ancestral.
A rapa, organizada pola Asociación Cabalar Monte Acibal de Moraña, comezou días antes, o venres, cunha serie de actividades paralelas, entre elas unha cea campestre ou verbenas a cargo do dúo Explosión e de orquéstralas D'Noite e América.
Tras reunir aos cabalos no monte e baixalos ata as inmediacións do curro, as 'bestas' foron separadas e exhibidas ao público antes do evento.
Xa no curro, pola tarde, tivo lugar a monta e rapa dos cabalos salvaxes que, unha vez pasado este momento, foron desparasitados antes de ser postos de novo en liberdade.
Os cabalos, tras a rapa, regresaron ao monte ata o próximo ano.