Cuspedriños celebrará o domingo 7 a súa Rapa das Bestas
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, o director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, así como varios membros da Corporación municipal e da comisión organizadora, que preside Daniel Ángel Fraguas, presentaron o programa de actividades da Rapa das Bestas de Cuspedriños que terá lugar o vindeiro domingo día 7 de agosto e que recupera a súa celebración despois de dous anos da ausencia motivada polo parón obrigado a consencuencia da pandemia da Covid-19.
Así, sobre as 12 do mediodía terá lugar a subida dos cabalos do peche de Viascón ata o Curro de Cuspedriños onde se comezará a facer a separación dos poldros, tarefa na que colaborarán tamén os rapaces que estarán supervisados pola organización do evento.
Sobre as 14 horas terá lugar a tradicional comida campestre a cargo de Pilar Fuchela e sobre as 17 horas comezará a Rapa das Bestas na que pode participar calquera persoa que o desexe tomando unhas mínimas medidas de seguridade e respectando en todo momento aos animais e un comportamento cívico.
A organización da Rapa das Bestas de Cuspedriños realizarán durante a xornada un sorteo de rifas para axudar a manter esta festa tradicional. Ademais, os organizadores, entre os que están Daniel Ángel Fraguas, como presidente, Ana Sestelo, Cristobal Corredoira, Nadia González Álvarez e outros, teñen habilitado un teléfono permanente de información, que é o 690 02 77 87, onde se poderá facer calquera consulta.
Pola súa banda, o alcalde de Cerdedo-Cotobade agradeceu aos membros da organización o seu traballo e constancia "para manter vivas as nosas tradicións e recuperar con forza esta actividade".
Relacionadas:
-
Cuspedriños celebra este domingo a súa tradicional Rapa das Bestas
Por Redacción |
-
Loureiro celebra esta fin de semana a festa da Virxe das Neves
Por Redacción |
-
Nin a calor pode coa Rapa das Bestas de Amil
Por Redacción |
-
A Deputación destina 72.000 euros a promocionar as festas de interese nacional e internacional da provincia
Por Redacción |