Dezaseis concellos da provincia participan na viaxe do Plan Revitaliza a Cataluña, País Vasco e Navarra
Por Redacción
Dezaseis concellos da Provincia (Poio, O Grove, Sanxenxo, Vilagarcía, Bueu, Cangas, Moaña, Valga, Soutomaior, Tomiño, A Guarda, Tui, Mondariz, As Neves, Ponteareas e A Cañiza) participarán na viaxe organizada dende o servizo do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra a Navarra, País Vasco e Cataluña para coñecer e estudar no terreo sistemas de recollida de residuos tipo ‘Porta a Porta’, ‘Pago por xeración’ e visitar diferentes instalacións de compostaxe mixta de biorresiduos agrogandeiros e municipais.
A viaxe desenvolverase entre o 22 e o 27 de maio cunha grande intensidade de paradas, charlas e visitas, e a Deputación correrá cos gastos de traslado, aloxamento e manutención.
A xeira foi dirixida preferentemente a cargos políticos dos concellos e ao persoal técnico municipal de residuos co obxectivo de que sexa de proveito para tomar decisións coas que cumprir os obxectivos de reciclaxe marcados pola nova normativa.
En xuño de 2023 é obrigado ter preparado para reciclar o 50% dos residuos, en 2025 esixirase reciclar o 55%, o 60% en 2030, e o 65% en 2035. Os resultados actuais distan moito na realidade, xa que a provincia apenas chega ao 15%.
Relacionadas:
-
Técnicos de Lyon e Porto resaltan o sistema de compostaxe da Deputación
Por Redacción |
-
O Revitaliza atopa modelos máis baratos, máis efectivos na reciclaxe e con creación de postos de traballo
Por Redacción |
-
Unha comitiva provincial viaxa a Cataluña, País Vasco e Navarra para aprender dos seus sistemas de recollida de residuos
Por Redacción |
-
Os concellos do Plan Revitaliza están nas mellores condicións para cumprir coa nova Lei de Residuos
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación pon en marcha o corpo provincial de inspección de residuos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Deputación axudará aos concellos a adaptar as súas ordenanzas e implantar taxas que graven a xeración de residuos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |