Os concellos do Plan Revitaliza están nas mellores condicións para cumprir coa nova Lei de Residuos
Por Oskar Viéitez
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, sinalou que os 47 concellos da provincia adheridos ao Plan Revitaliza "van ser os que en mellores condicións estean para adaptarse" á nova Lei de Residuos e Solos Contaminados para unha economía circular que acaba de aprobar o Congreso dos Deputados.
O Plan Revitaliza, iniciado pola Deputación de Pontevedra en 2015, pretende impulsar un modelo de residuos baseado na compostaxe e no tratamento a quilómetro cero dos biorresiduos municipais, na liña que agora impón esta nova normativa estatal incorporando ao noso ordenamento xurídico a Directiva da Unión Europea que impuxo fai máis dunha década que todos os seus membros debía reciclar en 2020 o 50% dos seus residuos municipais. En 2030 deberase chegar ao 60% e en 2035, ao 65%.
Esta Lei "recoñece á compostaxe comunitaria como un dos métodos máis aconsellables", tal e como está a impulsar a Deputación, indicou Mosquera. Ademais a administración provincial está a poñer en marcha do corpo provincial de inspección de residuos do Plan Revitaliza e oferta aos municipios axudas tanto para elaboración de novas normativas neste ámbito como para transmitir a información local sobre residuos á Xunta.
A nova lei de residuos establece que a partir de xullo do ano que vén todos os concellos de máis de 5.000 habitantes deberán contar con sistemas de recollida separada do lixo orgánico (o contedor marrón), ademais das de papel, metais, plástico e vidro, as localidades máis pequenas terán de marxe ata 2024. Ademais, todos os municipios deberán ter recollida separada tamén de residuos téxtiles e de aceites de cociña antes do 31 de decembro de 2024.
Relacionadas:
-
Doce concellos da provincia deixan en mans da Deputación a vixilancia, inspección e control dos seus residuos
Por Redacción |
-
Poio renovará e ampliará a rede de contedores de recollida de aceite de cociña
Por Redacción |
-
Unha comitiva provincial viaxa a Cataluña, País Vasco e Navarra para aprender dos seus sistemas de recollida de residuos
Por Redacción |
-
Dezaseis concellos da provincia participan na viaxe do Plan Revitaliza a Cataluña, País Vasco e Navarra
Por Redacción |
-
A Deputación pon en marcha o corpo provincial de inspección de residuos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Deputación axudará aos concellos a adaptar as súas ordenanzas e implantar taxas que graven a xeración de residuos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Deputación habilitará axudas para que os concellos poidan adaptarse á nova Lei de Residuos
Por Oskar Viéitez |