Unha comitiva provincial viaxa a Cataluña, País Vasco e Navarra para aprender dos seus sistemas de recollida de residuos
Por Redacción
O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra iniciou a primeira hora da mañá deste domingo a súa viaxe formativa cara a País Vasco, Navarra e Cataluña para coñecer 'in situ' diferentes sistemas de recollida de residuos que poder aplicar na provincia.
A comitiva provincial formada por representantes políticos e técnicos de dezaseis concellos da provincia (Poio, O Grove, Sanxenxo, Vilagarcía, Mancomunidade do Morrazo -Bueu, Cangas e Moaña-, Valga, Soutomaior, Tomiño, A Guarda, Tui, Mondariz, As Neves, Ponteareas e A Cañiza).
Todos eles estudarán no terreo diferentes variantes de recollida tipo 'porta a Porta' ou 'pago por xeración' e visitarán instalacións de compostaxe tanto simples como 'mixtas', de biorresiduos agrogandeiros e municipais, que permitirán complementar o modelo 'Revitaliza' que se está a aplicar na actualidade e cumprir canto antes os obxectivos de reciclaxe obrigados pola nova normativa.
O autobús co grupo chegará esta noite a destino para comezar o luns co intenso programa ata o xoves pola noite, sendo a xornada do venres de volta cara a Pontevedra.
Relacionadas:
-
A mancomunidade do Morrazo supera o reto de Ecoembes e incrementa a reciclaxe de plásticos
Por Redacción |
-
Vilagarcía e O Grove estudan aplicar a recollida de residuos 'porta a porta' aos produtores singulares
Por Redacción |
-
A comitiva do Revitaliza coñece as dificultades de implantar o sistema 'Porta a porta' de recollida de residuos
Por Redacción |
-
Recollida diaria do lixo ou marcar días na semana para tirar as diferentes fraccións de residuos?
Por Redacción |
-
O Revitaliza atopa modelos máis baratos, máis efectivos na reciclaxe e con creación de postos de traballo
Por Redacción |
-
Os concellos do Plan Revitaliza descobren en Euskadi e Navarra novas experiencias de compostaxe
Por Redacción |
-
A xestión e prevención de residuos municipais, a estudo
Por Redacción |
-
Dezaseis concellos da provincia participan na viaxe do Plan Revitaliza a Cataluña, País Vasco e Navarra
Por Redacción |
-
Os concellos do Plan Revitaliza están nas mellores condicións para cumprir coa nova Lei de Residuos
Por Oskar Viéitez |