Jorge Cubela reclama ao Sergas unha solución ás ausencias do persoal médico en Cerdedo
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, informa de que acaba de trasladarlle a responsables do Servizo Galego de Saúde (Sergas) a súa preocupación e a da veciñanza pola ausencia periódica de atención médica no Centro de Saúde de Cerdedo, motivada, segundo entende, pola falla de coordinación para cubrir axeitadamente a non presenza do persoal facultativo neste consultorio sanitario.
Cubela manifestoulle aos responsables do Sergas a necesidade de habilitar mecanismos que garantan a atención médica e sanitaria aos veciños e veciñas de Cerdedo.
O rexedor de Cerdedo-Cotobade asegura entender que se poidan producir situacións imprevistas ou que os facultativos teñan que dispor de días propios para atender as súas obrigas, horas sindicais como é o caso do médico de Cerdedo, baixas por enfermidade, permisos ou mesmo vacacións.
Neste sentido, Jorge Cubela declara que "o que non pode ser é que se produzcan casos nos que hai persoas citadas e non haxa médico que as atenda e que a solución sexa que se trasladen a outro centro sanitario máis cercano".
"A esa improvisación haille que pór remedio inmediato porque os que saen perxudicados son os cidadáns, alleos a calquera responsabilidade sobre este tema", conclúe o alcalde de Cerdedo-Cotobade.
Relacionadas:
-
Novas críticas sobre a situación sanitaria: un só médico dará cobertura os centros de Carballedo e Tenorio
Por Redacción |
-
Cubela traslada o seu malestar ao Sergas pola ausencia de atención médica no centro de saúde de Cerdedo
Por Redacción |
-
Nova denuncia de falta de médico no centro de saúde de Cerdedo
Por Redacción |
-
Viascón leva máis dunha semana sen telefonía e internet e Movistar non resolve o problema
Por Redacción |
-
"O Sergas quérenos así", de xeonllos e traballando 48 horas seguidas
Por María José Pita |
-
Preocupación en Cerdedo pola ausencia "periódica" de médico no centro de saúde
Por Redacción |