Acceso gratuíto ao Portamérica para os empadroados en Portas de 16 a 30 años
Por Redacción
O Concello de Portas acaba de chegar a un acordo coa organización do festival PortAmérica que permitirá que os mozos e mozas empadroados no municipio de entre 16 e 30 anos de idade que desexen acceder aos concertos dos días 2, 3 e 4 de xuño poidan facelo de xeito gratuíto.
Os interesados poderán retirar os seus tickets nominais nas oficinas municipais, dentro duns días previa comunicación pública na web e nas redes sociais oficiais do Concello, unha vez que se comprobe a súa identidade e se vexa que están realmente empadroados en Portas.
Esta iniciativa pretende substituír á Festa da Xuventude que organizaba o Concello e probarase este formato para ver o resultado que dá unha vez que desde o equipo de goberno se detectou grande interese pola mocidade en asistir aos concertos programados por PortAmérica.
Deste xeito, o Concello de Portas pretende favorecer que os mozos e mozas do municipio disfruten do festival musical PortAmérica como si dunha auténtica Festa da Xuventude se tratara para o cal facilitará gratuítamente a cada mozo ou moza con idades comprendidas entre 16 e 30 anos unha entrada para asistir a este evento que se celebrará no mes de xuño na Azucreira.
Para poder asistir ao festival, totalmente gratis, os que queiran dispoñer dunha entrada nominativa deberán achegarse debidamente identificados ata as oficinas do Concello e retirar a correspondente invitación no momento que se abra o proceso, que se fará dun xeito ordenado próximamente e se dará aviso á veciñanza.
Relacionadas:
-
Música, natureza e gastronomía, cóctel vangardista do bicéfalo PortAmérica 2022
Por Redacción |
-
Estrea de sesións vermú con Marilia Monzón, Pablo Lesuit e Igloo no PortAmérica 2022
Por Redacción |
-
Mocidade menor de 30 anos de Caldas gozará de entradas gratis en PortAmérica
Por Redacción |
-
'Fichaxe' bomba do PortAmérica: Nathy Peluso súmase ao cartel do festival
Por Alejandro Espiño |
-
Xoel López, Depedro, Alice Wonder e WOS, entre as novas confirmacións para PortAmérica 2022
Por Alejandro Espiño |
-
O espírito de PortAmérica reforesta os montes de Portas
Por Redacción |
-
Lori Meyers, Coque Malla, Delaporte ou Andrés Suárez nun PortAmérica 2022 que se adianta a xuño
Por Alejandro Espiño |