Elcano e a Filosofía en España centran as conferencias deste mércores na UNED
Por Redacción
Con motivo da conmemoración do 50 aniversario da fundación do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, este mércores 27 de abril celebraranse dúas interesantes conferencias.
A primeira titúlase "Encontro cultural: A viaxe de Magallanes e Elcano ao redor do mundo (1519-1522) 500 anos da primeira volta ao mundo". Comezará ás 17.00 horas e será presentada polo director do Centro Asociado de Pontevedra e do Campus Noroeste da UNED, Víctor M. González Sánchez, e contará como relator con Juan Eloy Gelabert González, doutor en Historia e catedrático de Universidade.
Ao longo da exposición estudarase o despregamento de saber xeográfico e astronómico de alto interese diplomático e unha operación económica que transformaría de forma a configuración económica do planeta. A xesta, segundo tratarase na conferencia, resultou un esforzo multinacional coa participación de españois, portugueses e alemáns.
Tras este relatorio, a partir das 19.00 horas, ofrecerase outra conferencia a cargo de José Luis Mora, catedrático de Filosofía Española na Universidade Autónoma de Madrid, e que será presentado por Marcelino Agís Villaverde, catedrático de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela e profesor-titor con Venia Docendi do C.A. da UNED en Pontevedra.
Relacionadas:
-
A UNED presenta os seus oito Cursos de Verán que se desenvolverán en Pontevedra, A Lama, Lalín, Portas e Vigo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Case tres mil refuxiados ucraínos aprenden castelán da man da UNED Pontevedra
Por Redacción |
-
O Goberno buscará fórmulas de colaboración coa UNED de Pontevedra no seu 50 aniversario
Por Redacción |