Os marchosos máis solidarios: de Pontevedra a Santiago en menos de 12 horas para "salvar vidas"
Por Cristina Saiz & Redacción
Menos de 12 horas tardaron os primeiros participantes na Pontevedrada 2022 en chegar a Santiago. Partiron da avenida de Montero Ríos de Pontevedra ás 20.00 horas deste sábado e ben cedo o domingo, ás 7.30 horas, chegaron á Praza do Obradoiro.
No medio, 67 quilómetros do Camiño de Santiago percorridos coa mellor das intencións, "salvar vidas". E é que a Pontevedrada chegou este 2022 á súa 12 edición mantendo intacto o espírito co que naceu, concienciar á sociedade sobre a importancia da doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos como unha forma de salvar vidas.
Cada edición da Pontevedrada regala vida e este ano fíxoo grazas á participación de máis de 1.200 marchosos solidarios.
Este percorrido solidario foi, como é habitual, nocturno e ininterrompido a pé e desde a Asociación de Amigos da Pontevedrada (Asampo) o seu presidente, Francisco Pérez-Mirás Miguéns, constatou que a noite transcorreu sen incidentes.
Esa conciencia que busca espertar a Pontevedrada empezou co acto previo á saída na Alameda de Pontevedra, no que se puideron escoitar testemuños de doantes e receptores agradecendo a quen, coa súa xenerosidade e solidariedade, regalaron e regalan Vida.
A Pontevedrada non é unha carreira e non ten carácter competitivo e durante todo o percorrido as persoas participantes contaron con apoio permanente de voluntarios de Asampo.
Relacionadas:
-
Abren as inscricións para participar na Pontevedrada 2024
Por Redacción |
-
A Pontevedrada prepara a súa edición de 2023 coa apertura de inscricións
Por Redacción |
-
Inauguran no Provincial unha exposición de carteis sobre a doazón de órganos realizados por escolares
Por Redacción |
-
A Pontevedrada 2022 pecha o seu período de inscrición con 1.218 participantes
Por Redacción |
-
A Pontevedrada achégase ao milleiro de rexistrados para a súa edición de 2022
Por Redacción |
-
Desexos que difunden a doazón de órganos e tecidos e o botafumeiro axuda a cumprir
Por Natalia Puga |